A Fundación contra o Narcotráfico alerta do aumento de "adiccións sen substancia" entre menores de idade

Reclamou aos gobernos resultantes "accións concretas" de prevención.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

A Fundación Galega contra o Narcotráfico celebrou este mércores en Ribadumia un acto da campaña Panos Brancos contra a Droga, no que alertou do aumento das "adiccións sen substancia", especialmente no caso dos menores e novos, e reclamou aos gobernos resultantes dos comicios "accións concretas" de prevención.

Con motivo do Día Internacional contra o Consumo Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas, os integrantes da Fundación realizaron unha solta simbólica de globos brancos nun acto no que participou tamén o alcalde de Ribadumia, David Castro. A continuación, leron un manifesto no que lembraron que en Galicia se viven "malos tempos" e que o problema coas drogas "é máis que evidente".

Entre outras cuestións, alertaron de que "en moitos ámbitos asúmese como normal a inxesta de alcol e outras drogas como sinónimo de diversión". "E nada máis lonxe da realidade", explicaron os integrantes da Fundación, lembrando que o "culto ao alcol" e a outras sustancias "comporta graves danos para a saúde das persoas". Por outra banda, denunciaron "o incremento das adiccións sen sustancia entre menores e mocidade", como é o caso do xogo en liña.

Aproveitando a xornada, reclamaron que se fomenten vías de lecer saudables e esixiron aos gobernos resultantes das eleccións que "se poñan a traballar de inmediato con programas e accións concretas, con políticas decididas de prevención e educación".

REDES DE NARCOTRÁFICO

Por outra banda, explicaron, en Galicia "seguen confluíndo" os problemas de adicción ás drogas coa existencia de "importantes redes criminais dedicadas ao narcotráfico". "No actual escenario de sobreproducción mundial, traficantes de medio mundo seguen tendo a Galicia na súa diana e miles de quilos seguen entrando polas nosas costas cara a Europa", destacan.

Fronte a isto, o rexeitamento social é "un factor de suma importancia", no que Galicia "comeza a ser un referente". "Atrás quedan os tempos nos que o narcotráfico contaminaba a toda a sociedade. Nesta terra sabemos desde hai moito tempo que os narcotraficantes non son heroes nin filántropos, se non delincuentes", recolle o manifesto.

Finalmente, alertaron da súa preocupación por "a reiteración no delito" de moitos traficantes, "que unha e outra vez entran e saen do cárcere aproveitando facilidades legais para seguir traficando con drogas", un "grave perigo" para a sociedade que non "debe nin pode permitirse".

Xogo Goku
Xogo Goku | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta