Galicia segue a salvarse da calor extrema que afecta a toda España

O risco extremo afectará a Huesca, Zaragoza, Teruel, A Rioxa, Navarra, Lérida e Tarragona.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 29/06/2019 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

Un total de 38 provincias terán este sábado aviso amarelo, laranxa (risco importante) e sete delas terán aviso vermello (risco extremo) porque esperan temperaturas de 42 graos centígrados ou máis, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). En definitiva, o risco por calor afectará a toda España menos a Canarias, Galicia, Asturias, as cidades autónomas de Ceuta e Melilla así como as provincias de León, Huelva, Cádiz e Málaga.

O risco extremo afectará a Huesca, Zaragoza, Teruel, A Rioxa, Navarra, Lérida eTarragona, onde as máximas alcanzarán ou superarán os 42 graos centígrados. Pola súa banda, terán risco importante por valores de entre 35 e 41 graos centígrados Áraba, Barcelona, Xirona, Cidade Real, Conca, Guadalaxara, Toledo, Ávila, Burgos, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid, Cáceres, Badaxoz, Córdoba, Granada, Xaén, Madrid e Mallorca.

Ademais, terán risco por calor, pero con menor intensidade, ao redor de 35 a 36 graos centígrados, as provincias de Cantabria, Guipúzcoa, Palencia, Zamora, Sevilla, Almería, Murcia, Menorca, Eivissa e Formentera, Castelló, Valencia e Alacante.

As temperaturas serán significativamente altas na Península e Baleares e alcanzarán valores extremos no val do Ebro e outras depresións do nordeste peninsular. O ceo estará nubrado ou cuberto no norte de Galicia e Asturias, con posibles choivas ocasionais no litoral e intervalos nubrados no resto de Galicia e do Cantábrico.

Galicia sálvase da calor
Galicia sálvase da calor | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gaelín

Unha proba máis de que Galiza non é España. Non curiosamente na Bretaña pasa o mesmo, non son franceses. Somos pobos atlánticos.