“A tía de Rajoy foi unha ‘esquerdista nada cordial’”

“Tiña amizades íntimas cos 'rojos'" ou "vivía en República de 'rojos'", son algúns dos argumentos do expediente de depuración de María Brey. Non foi a única biblioteca galega “depurada”. Francisco Redondo, investigador sobre a memoria e bibliotecario da USC, lembra que o Franquismo incautou tamén as bibliotecas de Castelao ou Casares Quiroga. “Ata que a dereita non condene o réxime non se curarán as feridas”, sinala nesta entrevista a GC.

Por Xurxo Salgado | Compotela | 05/03/2012 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

- Levas anos investigando as depuracións dos bibliotecarios republicanos que traballaron en Galicia. Cales son ou a quen destacarías nesta lista? 

None

Que traballaron ou naceron en Galicia, porque o certo é que xunto a funcionarios non galegos como Luisa Cuesta, Juan Vicens ou Nicéforo Cocho que si traballaron na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela ou no Arquivo da Delegación de Facenda da Coruña, aparecen outros facultativos depurados tras a Guerra Civil que si eran orixinarios de Galicia. Velaí a María Brey, Teresa Vaamonde (ámbalas dúas ourensás) ou ao santiagués Ramón Iglesia. 

 

- E, por que?

Todos eles pagaron moi caro o seu compromiso coa Segunda República, en especial no que atingue aos procesos socializadores da lectura, unha teima das autoridades do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes que consideraban imposible asentar un réxime democrático en España se antes non se solucionaba o secular problema do analfabetismo que no Estado español chegaba ao 40% da poboación en 1930. En xeral, todos estes integrantes do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos que sofriron o castigo en diferentes graos tras as investigacións plasmadas nos seus expedientes de depuración, eran xentes novas, cheas de vitalidade, comprometidas cos novos aires traidos na primavera de 1931 e que, ademais, tiñan unha moi boa formación profesional conseguida grazas as estadías no estranxeiro proporcionadas polas becas e axudas do Estado republicano. Nada que ver coas vellas elites que entendían aos arquivos e as bibliotecas como cotos pechados que non estaban abertos a toda a poboación.

None

 

- Precisamente, unha que chama a atención é María Brey, tía de Rajoy, que nos podes contar dela?

María Brey Mariño foi, antes que nada, unha bibliotecaria excepcional, unha profesional de altísima formación, unha intelectual maiúscula e unha muller íntegra e xenerosa. María era filla única dun xuíz da Estrada que estaba destinado na Pobra de Trives, onde naceu María en 1910. Na Universidade Central de Madrid licenciouse en Filosofía e Letras e en agosto de 1931 ingresou por oposición no CFABA, tendo como primeiro destino a Biblioteca da Universidade de Santiago. Dalí pasou á Biblioteca da Presidencia do Consello de Ministros, en Madrid. Estivo casada co bibliófilo e catedrático Antonio Rodríguez-Moñino e tras a guerra traballou como tradutora para a Editorial Castalia e a súa colección de clásicos recollidos nas series "Gallardo" e "Ibarra" e, máis tarde, en "Odres nuevos". Para entón, xa fora depurada e castigada. Foi en 1940.

 

A tía “roja” de Rajoy

 

- Foches o primeiro que investigou o seu expediente de depuración. Que din dela?

O seu expediente de depuración responde (como en outros moitos casos) ás ansias por "sanear" ou "limpar" a Administración Pública do Estado, segundo entendían as autoridades franquistas. Para iso, Franco asinou o 10 de febreiro de 1939 a Lei fixando normas para a depuración dos funcionarios públicos. Sería moi extenso falar dela, mais digamos que a súa pertinacia e universalidade foron absolutas, que se partía da "presunta culpabiblidade" dos investigados e, por último, que se carecía das mínimas garantías procesais. A Lei, ademais, invitaba á delación e o xuíz-instrutor encargado de levar adiante os expedientes de depuración era un compañeiro do corpo, neste caso, Miguel Gómez del Campillo, quen fora desde 1930 director do Arquivo Histórico Nacional. No caso de María Brey (repito, como en tantos outros) os nove cargos levantados contra ela chamarían ao sorriso se non fora polo dano ocasionado na súa persona: "esquerdista nada cordial", "tiña amizades íntimas cos 'rojos' e vivía en República de 'rojos'", "afecta ao Fronte Popular", etc., incluso impartir cursillo de biblioteconomía ou estar casada co"nefasto" Rodríguez-Moñino foron considerados delitos. Ao final, María Brey foi postergada e inhabilitada para desempeñar cargos de confianza durante cinco anos, ademais de ser trasladada ao Arquivo da Delegación de Facenda de Huelva, afastándoa dos libros e as bibliotecas e recalando en provincias, algo considerado "deshonroso" dentro do Corpo Facultativo.

 

- Cales eran os principais problemas ou perigos aos que se enfrontaron os bibliotecarios durante e despois da Guerra Civil?

As simpatías polo réxime republicano coa conseguinte implicación nas súas políticas socializadoras do libro e a lectura tivo un custe moi alto para moitos facultativos do Corpo de Arquivos e Bibliotecas. Non esquezamos que a universalidade do ensino e a apertura dos centros de lectura para todos, sen discriminacións, foron consideradas por algúns sectores da sociedade española como unha declaración de guerra. Entre aqueles, a Igrexa católica viu como o seu monopolio sobre o ensino e a instrución tocaba ao seu fin polo que desde o día seguinte da proclamación da República, foi un dos seus máis acérrimos inimigos. A santificación da represión franquista e a cualificación da Guerra Civil como "Cruzada de Liberación" tén moito que ver co dito. Entón, resulta doado entender que todos aqueles bibliotecarios que optaron por extender o libro e as lecturas por todos os recunchos do país foran considerados elementos a combatir, pois eran, xunto aos mestres, os xenuinos representantes da "anti-España".

 

A cultura rural

 

- Como era o modelo de lectura anterior a Dictadura?

Ata a chegada da Segunda República, as bibliotecas e os centros de lectura en España eran escasos, elitistas, cun marcado carácter erudito e profundamente discriminatorios, especialmente no referente ao binomio campo/cidade. Os habitantes do rural non tiñan acceso á lectura e así se explica, en parte, que as candidaturas monárquicas triunfasen no campo nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 que, ao final, supuxeron o cambio de réxime. As bibliotecas en xeral caracterizábanse por ter uns fondos bibliográficos moi atrasados onde primaban os libros referentes a cuestións relixiosas: haxiografías de santos, interpretacións dos libros sagrados e dos Evanxeos... e ademais moitos estaban en latín. Por outro lado, como xa dixemos, o rural carecía de bibliotecas, o que supoñía unha sangrante discriminación con respecto ás cidades. Tamén hai que subliñar que os métodos de traballo en biblioteconomía eran moi atrasados, descoñecendo, por exemplo, cuestións derivadas do préstamo de libros a domicilio, a ordenación por materias ou seguindo a Clasificación Decimal Universal, a cooperación entre bibliotecas, etc. As bibliotecas públicas, tal e como hoxe as coñecemos, foron unha conquista republicana, especialmente se analizamos aos dous organismos dependentes do Ministerio de Instrución Pública encargados de semellantes avances: as Misións Pedagóxicas (aportando libros ás escolas do rural) e a Xunta de Intercambio e Adquisición de Libros para Bibliotecas Públicas (modernizando os seus fondos bibliográficos e creando moitas máis bibliotecas). Ollar cara os orzamentos que nestas materias outorgou a República dan boa conta do expresado.

 

- E que pasou logo de 40 anos de silencio?

Todas as conquistas republicanas en materia de libros e lectura foron arrasadas coa Guerra Civil. Os mellores profesionais do CFABA marcharon cara o exilio e os que permaneceron foron silenciados e marxinados. Tras as depuracións das bibliotecas (imposible coñecer o número das que se perderon e moito menos saber o volume de libros destruidos), chegou a censura e o silencio. Moitos autores e moitas obras foron consideradas "nocivas" para o público en xeral e, en consecuencia, prohibidas. O que os vencedores chamaron "literatura pornográfica e disolvente" levouse por diante a Valle-Inclán e a Zamacois, a Araquistain e a Rousseau, a Curros Enríquez e a Blasco Ibáñez... Tamén Platón foi vítima da ignorancia dos censores por escribir unha obra cuxo título non tiña cabida no Novo Estado: "A República". A resultante foi un ermo cultural abafante onde a poboación viuse privada de todo tipo de literatura: non só de ficción senón tamén no ensaio, na investigación e, en definitiva, da mellor intelixencia que da cultura, da ciencia e da técnica existía naquel entón.

 

Castelao

 

- Tamén tes estudado a presecución de Castelao a través da incautación da súa biblioteca. Era tan perigosa?

A biblioteca non era perigosa, o "perigoso" era o propio Castelao... Mais, a incautación vergoñenta da súa biblioteca (e de todos os seus bens) foi unha máis dentro da espiral de destrución e sometemento desde o 17 de xullo de 1936. En Galicia temos documentados as defeitas ocorridas coas bibliotecas creadas polas Misións Pedagóxicas, coas instaladas nos centros obreiros, nos casinos recreativos, nas asociacións xuvenís, nas escolas de emigrantes... Galicia era, contra o que pensan algúns, o país das mil e unha bibliotecas. Moitas foron arrasadas, ao igual que lles ocorreu a moitas bibliotecas de particulares. Mencionaches a de Castelao, mais tamén coñecemos os destinos doutras, por exemplo a de Casares Quiroga, a de Fernández Osorio-Tafall e moitas outras de personaxes non tan coñecidos que pagaron coa incautación das súas propiedades o seu pasado republicano e demócrata. 

 

- Cres que as feridas que abriu o franquismo están xa pechadas? por que?

Mentres a dereita política deste país non condene ao réxime franquista (de quen, por outro lado, é herdeiro), as feridas permanecerán abertas. Porque esa condena posibilitaría, entre outras cuestións, facilitar a retirada de mencións honoríficas ao ditador, a limpeza dos nomes de certas rúas, dignificar ás vítimas do fascismo, colocar nun lugar digno aos que aínda permanecen soterrados como cans nas beiras das estradas e aprender de todo aquilo para que nunca máis volva a suceder. Que as feridas permanecen vivas e que a normalización democrática non chegou como cabría agardar, o demostra a permanencia do Val dos Caidos e o consello dado a finais de 2011 por un grupo de "expertos" sobre o seu futuro: negociar coa Igrexa católica o traslado dos restos do xeneral Franco.

 

- Que queda por facer para recoñecer a todos eses loitadores dos libros?

Seguir traballando sobre as súas vidas e as súas memorias. Dicía unha excepcional bibliotecaria exiliada en París e onde morreu en 1947, Teresa Andrés: "Enterrounos o esquecemento". Xamais deberiamos esquecer.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

10 Manolo2

Seguimos sin saber cuanto nos ha costado o no esta sesuda "investigación" sobre la tía de Rajoy.

1 Dr. Shevek

Manolo, por caridade, mira de ser un pouco menos troll. Ben sei que o primeiro impulso é menospreciar as ideas que non compartes, pero, mesmo iso, ten que ir acompañado de respeto, reflexión, lóxica e sentido crítico. As ideas son cáseque todas boas, outra cousa son os problemas para implementalas. Proba a respetar, xa verás como te respetan.

2 Rimas

Que tal se lle pedimos aos do diario sabonita unha investigación?, que eses si que nos custan un pastizal a todos galegos.

3 Manolo2

1. ¿Te parece que en mi primera intervención en esta conversación hay alguna falta de respeto? Simplemente hago una pregunta al autor, que todavía no me ha contestado. Por otro lado, lo de las feridas del franquismo no es precisamente una innovación muy aguda.

4 Hai que foderse!

"Simplemente hago una pregunta al autor, que todavía no me ha contestado." Como se atreve! E aque espera o Valedor do Pobo para tomar cartas no asunto?

5 Manolo2

Jo Luc. Sigues obsesionado conmigo y con los cementerios. Vete al psiquiatra. ¿O es que ya los has visitado todos sin remedio?

6 La trotona del MoroPPa

Nosotros sí que estamos obsesionados con el cementerio de Perbeshhhhh. Estoy pensando en organizar una excursión de jubilados; ya tenemos los autobuses, el pulpo, la empanada, el barrantes (¡viva el vino!) y los gaiteros. También vendría bien el trombón de Baltar, que nunca está de más en estos festejos rústicos y además, y como digo yo cuando me suelto la melena: ¡Baltar es el PP!

9 paulakra

O discurso desta dereita españoleira... hoxe e sempre resultou acomplexado, resentido e inmoral. Aupa Fran e toda a xente que traballa para que non se esqueza o xenocidio. Non se fixo xustiza, non pediron perdón e aínda por riba estes ananos calunian e insultan. Son o refugallo dos seus avós terroristas.

1 Manolo2

Que los que pretendan ganar ahora una guerra que provocaron y perdieron hace más de 70 años, quieran acusar a los demás de resentimiento, es para descojonarse una semana entera. La historia es la que es y cuanto antes la asimileis, mejor para todos.

2 Hai que foderse!

"La historia es la que es y cuanto antes la asimileis, ...". As palabras agudas que rematan en s, como asimiléis, levan acento na vogal tónica da última sílaba, salvo cando a escribe un analfabeto, claro. O que non é capaz de asimilar o ignorantiño é a ortografía española.

3 higinio

"La historia es la que es y cuanto antes la asimileis, mejor para todos." di o fascista ao historiador. Isto xa parece unha fábula. A culpa é do historiador por buscarlle algunha humanidade a esa ralea de asasinos.

4 Manolo2

Pues nada rapaces, a coger el fusil y marchar para el frente de Somosierra, que allí hacen falta unos cuantos zoquetes para morir por Stalin y la Robolución Doborrista mundial. Aunque sea en plan virtual. Menos hablar y más actuar. Pero pagad el cuento vosotros.

5 Manolo2

Pues nada rapaces, a coger el fusil y marchar para el frente de Somosierra, que allí hacen falta unos cuantos zoquetes para morir por Stalin y la Robolución Doborrista mundial. Aunque sea en plan virtual. Menos hablar y más actuar. Pero pagad el cuento vosotros.

6 El PPresidente

Eso, que Javi el Camisetas se llevó hasta la última perra del IGAPE y por no haber, no hay ni para una rotativa de mi fiel Santiago.

7 de Compostela

Je, je. Moi bo.

8 a2EU

Escribe pura propaganda comunista, y si los partidos comunistas ya no se llaman así porque el comunisno y el nazismo o el fascismo son dos caras de la misma moneda, y vemos que pretenden colarla con otros nombres tipo IU, UPG, etc., que venga aquí uno a decirnos que es fan del comunismo, que Cuba le parece ideal, es un poco extraño. Entre las ocurrencias del autor en su libro o folleto sobre las misiones pedagógicas quiero recordar que desconoce su existencia antes de la creación del Patronato en la II República. Del mismo modo considera que se acaban con ella y desconoce igualmente la labor bibliotecaria del Patronato S. José de Calasanz de Misiones Pedagógicas, etc. Por si esto no fuese suficiente, entre la bibliografía que maneja para elaborar su refrito quiero recordar que se encuentra María Antonia Iglesias, conocidísima agitadora del socialismo.

1 pYQc

Más propaganda: da por cierta una cifra de otro propagandista, Dionisio Pereira, según el cual en Germinal había una biblioteca con 8.000 libros, lo cual es para tirarse tan por los suelos como cuando Maiz escribió que en la comarca de Ferrol la guerra de retaguardia habían ocasionado unos 5.000 muertos. Se da tormento por la quema de libros realizada por las milicias de F.E. frente al Náutico de La Coruña, pero a la vez oculta que en los asaltos de marzo del 36 a las sociedades de derechas, pongamos por caso Unión Regional de Derechas, Renovación Española, Juventudes Católicas, Náutico o Asociación General Patronal, había libros y pequeñas bibliotecas, que fueron destrozadas por los gimnastas revolucinarios. Pero como el embudo por un lado no es lo mismo que por el otro...

7 qPn8

Este chico es un desastre. Mucho ruido y poca investigación. Tengo un libro o folleto suyo sobre las misiones pedagógicas en el que no se gana para sustos. Cita en el repertorio de fuentes consultadas un montón de archivos. Cuando se acaba de leer la obra y se repasan las notas en estas casi solo se cita bibliografía. En definitiva, hace refritos bibliográficos, eso sí, aderezados de ideología de extrema izquierda. Por otra parte, en cuanto a la depuración del CFABA, olvida decir que en aquella época TODOS los que entraban estaban "recomendados" ¿o va a contar que lo ignora?, así que si los depuraron, quien roba al ladrón...

1 ARTUR

VEXO QUE AINDA ANDA POR AÍ ALGÚN NETO DE FUSILADOR TENTANDO EXPLICAR-NOS QUE QUEN ASESINA É A BALA OU PROXECTIL E NON O INMISERICORDE VERDUGO.......PERO QUE TERÁ QUE VER, MEU RANCIO MONONEURONAL ASISTIDO, A PUREZA DAS ALMAS COAS DEXECCIÓNS FASCISTAS QUE TANTO DE APASIONAN....

2 Manolo2

Lo peor de todo es que toda esta basura la hacen con nuestro dinero. Si los millonarios rojos Roures, Cebrian o Victor Manuel, entre otros muchos, pusieran la pasta de su gran bolsillo, no habría problema. Pero prefieron quitárnoslo para gastarlo en su propaganda.

3 Viqueira

Non hai que ser tan progre para soltarlle pasta a un amigo lambecús: http://elpais.com/diario/2007/10/02... Por certo, o bodrio de Garci resultou ser un completo fracaso comercial.

4 Manolo2

Mal hecho por parte de Esperanza Aguirre o de quien sea.

6 anpeca

Moi interesante, grazas por mostrar que ademais da prisión e o asesinato a represión tivo outras caras en Galiza : purgas, represión a funcionarias/os, incautación de bibliotecas, etc.