“A tía de Rajoy foi unha ‘esquerdista nada cordial’”

“Tiña amizades íntimas cos 'rojos'" ou "vivía en República de 'rojos'", son algúns dos argumentos do expediente de depuración de María Brey. Non foi a única biblioteca galega “depurada”. Francisco Redondo, investigador sobre a memoria e bibliotecario da USC, lembra que o Franquismo incautou tamén as bibliotecas de Castelao ou Casares Quiroga. “Ata que a dereita non condene o réxime non se curarán as feridas”, sinala nesta entrevista a GC.

Por Xurxo Salgado | Compotela | 05/03/2012 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

- Levas anos investigando as depuracións dos bibliotecarios republicanos que traballaron en Galicia. Cales son ou a quen destacarías nesta lista? 

None

Que traballaron ou naceron en Galicia, porque o certo é que xunto a funcionarios non galegos como Luisa Cuesta, Juan Vicens ou Nicéforo Cocho que si traballaron na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela ou no Arquivo da Delegación de Facenda da Coruña, aparecen outros facultativos depurados tras a Guerra Civil que si eran orixinarios de Galicia. Velaí a María Brey, Teresa Vaamonde (ámbalas dúas ourensás) ou ao santiagués Ramón Iglesia. 

 

- E, por que?

Todos eles pagaron moi caro o seu compromiso coa Segunda República, en especial no que atingue aos procesos socializadores da lectura, unha teima das autoridades do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes que consideraban imposible asentar un réxime democrático en España se antes non se solucionaba o secular problema do analfabetismo que no Estado español chegaba ao 40% da poboación en 1930. En xeral, todos estes integrantes do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos que sofriron o castigo en diferentes graos tras as investigacións plasmadas nos seus expedientes de depuración, eran xentes novas, cheas de vitalidade, comprometidas cos novos aires traidos na primavera de 1931 e que, ademais, tiñan unha moi boa formación profesional conseguida grazas as estadías no estranxeiro proporcionadas polas becas e axudas do Estado republicano. Nada que ver coas vellas elites que entendían aos arquivos e as bibliotecas como cotos pechados que non estaban abertos a toda a poboación.

None

 

- Precisamente, unha que chama a atención é María Brey, tía de Rajoy, que nos podes contar dela?

María Brey Mariño foi, antes que nada, unha bibliotecaria excepcional, unha profesional de altísima formación, unha intelectual maiúscula e unha muller íntegra e xenerosa. María era filla única dun xuíz da Estrada que estaba destinado na Pobra de Trives, onde naceu María en 1910. Na Universidade Central de Madrid licenciouse en Filosofía e Letras e en agosto de 1931 ingresou por oposición no CFABA, tendo como primeiro destino a Biblioteca da Universidade de Santiago. Dalí pasou á Biblioteca da Presidencia do Consello de Ministros, en Madrid. Estivo casada co bibliófilo e catedrático Antonio Rodríguez-Moñino e tras a guerra traballou como tradutora para a Editorial Castalia e a súa colección de clásicos recollidos nas series "Gallardo" e "Ibarra" e, máis tarde, en "Odres nuevos". Para entón, xa fora depurada e castigada. Foi en 1940.

 

A tía “roja” de Rajoy

 

- Foches o primeiro que investigou o seu expediente de depuración. Que din dela?

O seu expediente de depuración responde (como en outros moitos casos) ás ansias por "sanear" ou "limpar" a Administración Pública do Estado, segundo entendían as autoridades franquistas. Para iso, Franco asinou o 10 de febreiro de 1939 a Lei fixando normas para a depuración dos funcionarios públicos. Sería moi extenso falar dela, mais digamos que a súa pertinacia e universalidade foron absolutas, que se partía da "presunta culpabiblidade" dos investigados e, por último, que se carecía das mínimas garantías procesais. A Lei, ademais, invitaba á delación e o xuíz-instrutor encargado de levar adiante os expedientes de depuración era un compañeiro do corpo, neste caso, Miguel Gómez del Campillo, quen fora desde 1930 director do Arquivo Histórico Nacional. No caso de María Brey (repito, como en tantos outros) os nove cargos levantados contra ela chamarían ao sorriso se non fora polo dano ocasionado na súa persona: "esquerdista nada cordial", "tiña amizades íntimas cos 'rojos' e vivía en República de 'rojos'", "afecta ao Fronte Popular", etc., incluso impartir cursillo de biblioteconomía ou estar casada co"nefasto" Rodríguez-Moñino foron considerados delitos. Ao final, María Brey foi postergada e inhabilitada para desempeñar cargos de confianza durante cinco anos, ademais de ser trasladada ao Arquivo da Delegación de Facenda de Huelva, afastándoa dos libros e as bibliotecas e recalando en provincias, algo considerado "deshonroso" dentro do Corpo Facultativo.

 

- Cales eran os principais problemas ou perigos aos que se enfrontaron os bibliotecarios durante e despois da Guerra Civil?

As simpatías polo réxime republicano coa conseguinte implicación nas súas políticas socializadoras do libro e a lectura tivo un custe moi alto para moitos facultativos do Corpo de Arquivos e Bibliotecas. Non esquezamos que a universalidade do ensino e a apertura dos centros de lectura para todos, sen discriminacións, foron consideradas por algúns sectores da sociedade española como unha declaración de guerra. Entre aqueles, a Igrexa católica viu como o seu monopolio sobre o ensino e a instrución tocaba ao seu fin polo que desde o día seguinte da proclamación da República, foi un dos seus máis acérrimos inimigos. A santificación da represión franquista e a cualificación da Guerra Civil como "Cruzada de Liberación" tén moito que ver co dito. Entón, resulta doado entender que todos aqueles bibliotecarios que optaron por extender o libro e as lecturas por todos os recunchos do país foran considerados elementos a combatir, pois eran, xunto aos mestres, os xenuinos representantes da "anti-España".

 

A cultura rural

 

- Como era o modelo de lectura anterior a Dictadura?

Ata a chegada da Segunda República, as bibliotecas e os centros de lectura en España eran escasos, elitistas, cun marcado carácter erudito e profundamente discriminatorios, especialmente no referente ao binomio campo/cidade. Os habitantes do rural non tiñan acceso á lectura e así se explica, en parte, que as candidaturas monárquicas triunfasen no campo nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 que, ao final, supuxeron o cambio de réxime. As bibliotecas en xeral caracterizábanse por ter uns fondos bibliográficos moi atrasados onde primaban os libros referentes a cuestións relixiosas: haxiografías de santos, interpretacións dos libros sagrados e dos Evanxeos... e ademais moitos estaban en latín. Por outro lado, como xa dixemos, o rural carecía de bibliotecas, o que supoñía unha sangrante discriminación con respecto ás cidades. Tamén hai que subliñar que os métodos de traballo en biblioteconomía eran moi atrasados, descoñecendo, por exemplo, cuestións derivadas do préstamo de libros a domicilio, a ordenación por materias ou seguindo a Clasificación Decimal Universal, a cooperación entre bibliotecas, etc. As bibliotecas públicas, tal e como hoxe as coñecemos, foron unha conquista republicana, especialmente se analizamos aos dous organismos dependentes do Ministerio de Instrución Pública encargados de semellantes avances: as Misións Pedagóxicas (aportando libros ás escolas do rural) e a Xunta de Intercambio e Adquisición de Libros para Bibliotecas Públicas (modernizando os seus fondos bibliográficos e creando moitas máis bibliotecas). Ollar cara os orzamentos que nestas materias outorgou a República dan boa conta do expresado.

 

- E que pasou logo de 40 anos de silencio?

Todas as conquistas republicanas en materia de libros e lectura foron arrasadas coa Guerra Civil. Os mellores profesionais do CFABA marcharon cara o exilio e os que permaneceron foron silenciados e marxinados. Tras as depuracións das bibliotecas (imposible coñecer o número das que se perderon e moito menos saber o volume de libros destruidos), chegou a censura e o silencio. Moitos autores e moitas obras foron consideradas "nocivas" para o público en xeral e, en consecuencia, prohibidas. O que os vencedores chamaron "literatura pornográfica e disolvente" levouse por diante a Valle-Inclán e a Zamacois, a Araquistain e a Rousseau, a Curros Enríquez e a Blasco Ibáñez... Tamén Platón foi vítima da ignorancia dos censores por escribir unha obra cuxo título non tiña cabida no Novo Estado: "A República". A resultante foi un ermo cultural abafante onde a poboación viuse privada de todo tipo de literatura: non só de ficción senón tamén no ensaio, na investigación e, en definitiva, da mellor intelixencia que da cultura, da ciencia e da técnica existía naquel entón.

 

Castelao

 

- Tamén tes estudado a presecución de Castelao a través da incautación da súa biblioteca. Era tan perigosa?

A biblioteca non era perigosa, o "perigoso" era o propio Castelao... Mais, a incautación vergoñenta da súa biblioteca (e de todos os seus bens) foi unha máis dentro da espiral de destrución e sometemento desde o 17 de xullo de 1936. En Galicia temos documentados as defeitas ocorridas coas bibliotecas creadas polas Misións Pedagóxicas, coas instaladas nos centros obreiros, nos casinos recreativos, nas asociacións xuvenís, nas escolas de emigrantes... Galicia era, contra o que pensan algúns, o país das mil e unha bibliotecas. Moitas foron arrasadas, ao igual que lles ocorreu a moitas bibliotecas de particulares. Mencionaches a de Castelao, mais tamén coñecemos os destinos doutras, por exemplo a de Casares Quiroga, a de Fernández Osorio-Tafall e moitas outras de personaxes non tan coñecidos que pagaron coa incautación das súas propiedades o seu pasado republicano e demócrata. 

 

- Cres que as feridas que abriu o franquismo están xa pechadas? por que?

Mentres a dereita política deste país non condene ao réxime franquista (de quen, por outro lado, é herdeiro), as feridas permanecerán abertas. Porque esa condena posibilitaría, entre outras cuestións, facilitar a retirada de mencións honoríficas ao ditador, a limpeza dos nomes de certas rúas, dignificar ás vítimas do fascismo, colocar nun lugar digno aos que aínda permanecen soterrados como cans nas beiras das estradas e aprender de todo aquilo para que nunca máis volva a suceder. Que as feridas permanecen vivas e que a normalización democrática non chegou como cabría agardar, o demostra a permanencia do Val dos Caidos e o consello dado a finais de 2011 por un grupo de "expertos" sobre o seu futuro: negociar coa Igrexa católica o traslado dos restos do xeneral Franco.

 

- Que queda por facer para recoñecer a todos eses loitadores dos libros?

Seguir traballando sobre as súas vidas e as súas memorias. Dicía unha excepcional bibliotecaria exiliada en París e onde morreu en 1947, Teresa Andrés: "Enterrounos o esquecemento". Xamais deberiamos esquecer.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

5 Ano Mariano

Moi interesante. Grazas Outra ovella negra da familia sería o avó do actual Presidente do Estado, co-redactor do primeiro Estatuto do meu país.

4 Paco

Fran, grazas por seguir deseterrando a nosa memoria. Manolo2, iso das subvencións non che llas dan a todo a mudo, deullas Aznar a eses de "La Academia de la Historia".

3 Black Crow

No entiendo este artículo. Bien, una tía de Mariano era roja ¿Y?

1 HARE HARE

POIS QUE SE FAS A REGRA DO TRES E A APLICAS A AQUEL TEU AVÓ QUE ERA PARVO, XA SE EXPLICAN TODAS E CADABSÚA DAS TUAS TARAS CEREBRAIS, PRETO DE PACOTILLA (QUE NON AGUANTAS DOSU ASALTOS NO AREAL XDE IPANEMA...).

2 Pepiño da Fraga

Pois iso, sempre hai unha ovella negra nas mellores familias.....E á tía María saiulle unha que se chama Marianico.....Vaia por deus!!!!

1 Manolo2

Que le vamos a hacer. Casi todo el mundo tiene alguna oveja negra entre sus ascendientes, y Mariano no es una excepción, como vemos. Por cierto Fran, una preguntilla: ¿Has trincado alguna subvención para esta "investigación" que llega a conclusiones tan originales como la de las feridas del franquismo?

1 Jn7m

Que le vamos hacer. Casi todo diario tiene algún troll de escasa inteligencia entre su audiencia y el GC no es una excepción, como vemos. Por cierto, Manolo2, una preguntilla: ¿Has trincado alguna subvención para este "persistente bombardeo" que llega a conclusiones tan originales que solo investigan los que cobran de la teta pública?

2 Hai que foderse!

"Que le vamos a hacer. Casi todo el mundo tiene alguna oveja negra entre sus ascendientes, ...". E tamén en case todas as familias hai quen non sabe acentuar ben. Que lle imos facer.

3 Manolo2

1. Si crees que soy un troll, no pierdas el tiempo contestándome y menos si opinas que mi inteligencia es escasa. He hecho una pregunta al entrevistado y no a tí. Con respecto a tu pregunta te diré que no cobro de ninguna fuente por mis colaboraciones en los medios de comunicación. Al menos todavía.

4 Hai que foderse!

" He hecho una pregunta al entrevistado y no a tí." Ti con acento no i, cun par!

5 Rois

Si, recibiu unha subvención de Rajoy e outra de Feijoo. Vaia teima teñen algúns coas subvencións...

6 prest

Ben, agora todos os bibliotecarios de Galicia xa sabemos como as gastan os palmeros de Rajoy por estes foros... Polo demais, chapeu, Fran polos teus traballos. A memoria histórica ademais de traer dignidade e xustiza para as vítimas tamén contribuirá a educar a moitos energúmenos que van de liberais.

7 Manuel P.

Solicito a Galicia Confidencial que non permita comentarios que fan apoloxía clara e directa de movementos que non condenan a violencia e a xustifican. De feito hai unha lei no Estado Español que so se aplica nun sentido e que por xustiza debería facerse a todos os niveis. Galicia Confidencial non debería permitir este tipo de comportamentos, sobre todo porque hai quen ten bisavós e familiares que sufriron no seu tempo a barbarie destes energúmenos. Gracias

8 Manolo2

Bien dicho. No hay que ir tan atrás. En Galicia hay decenas de víctimas del terrorismo de ETA y del GRAPO, que han visto a sus padres o hermanos asesinados por estos grupos terroristas, y que tienen que soportar como a los representantes de estos asesinos se les invita a diversos actos políticos en Galicia.

9 XOSE ANTÓN CURMAN DE RIVEIRA

MANOLITO TWO, PWERO SI TODOS SABEMOS QUE PASAS O DÍA DE SADA A MEIRÁS PARA LAMBER-LLA A CARMELA MARTINEZ BORDIU....SINECURA QUE HERDACHES DOS TEUS PAIS QUE XA FACÍAN IDÉNTICO RECORRIDO PARA LEVAR A CABO O MESMO TRABALLO CON PAKITA E LACOLLARES....QUE NO ÁRTABRO COÑECEMOS-NOS TODOS E NO CASO DA TÚA ESTIRPE E VOX POPULI QUE ACONTECE UNHA IRREVERSIBEL DEXENERACIÓN DA QUE TI ES UJN DOS REPRESENTANTES MAIS ÍNCLITOS.

10 CranioF

8: Aí falaches, Manolo. Moito falar do franquismo, que hai 36 anos que desapareceu, e logo dan cancha aos Amaiures, Bildus e demáis porquería. Por non falar de Cuba, que hai que ver os posts que aparecían na entrevista con Javier Fdez. Castillo. Pura hipocresía.

12 CranioF

Exacto, repulsivas.

13 Manolo2

11. Estamos de acuerdo. Absolutamente indecentes. El caso es que los mayores críticos de Fraga, que incluso han saboteado homenajes a su figura sin respeto alguno hacia su familia, no las consideran así. ¿Por qué será? ¿Es Castro más demócrata que Fraga? ¿Tiene mayor respaldo popular legítimo?¿Es más considerado con sus críticos? Parece que no.

14 Sigamos falando

Fraga non é máis demócrata que ninguén, nin goza de apoio popular ningún, nin é considerado en absoluto porque simple e felizmente deixou de existir. O que queda del son os restos do seu noxento corpo, que agora están a servirlles de pasto aos vermes. Pobres vermes!

15 ARTUR

CONCRETAMENTE EU, QUE ME HONRO EN SER MÉDICO VETERINARIO, ATENDÍN ONTE UNS VERMES, QUE DICIAN VIR DO BANQUETE DOS RESTOS DE DONMANUEL, AFECTADOS POR UNHA HIPEREMESE ("VÓMITOS DE REPETICIÓN") INSUPERABEL QUE SE LLE COMPLICOU CUNHA ENTEROCOLITE VOLCÁNICOESCOPETEADA ("CAGARRIA INTEMPESTIVA E SEN CONTROL") CANDO SE CRUZARON CON MANOLITO TWO QUEN, AO PARECER, ÍA FACER-SE UNHA "ALEMANITA" ANTE O NICHO UBICADO NO TERCEIRO ANDAR DA RINGLEIRA COARENTA E DUAS DO CAMPOSANTO DE MIÑO E SEICA LEVABA UNHA FACIES DE GUSTO DE MOITO CARABILLO E POLA ORELLA DEREITA (TIÑA QUE SER) ABAIXO ESCORREGÁBA-LLE UNHA IMAXE REDUAL A PUNTO DE PERDEER A SÚA SINAPSE E QUE BERRABA, DE XEITO IRREFRENABEL: "VALEDEME QUE SON A ÚLTIMA, VALEIME QUE SON A ÚNICA,...., E AO MEU DONO E PORTADOR RETIRARAN-LLLE A MINUSVALÍA MY GOOD!"!!!!