Denuncian o uso de glifosato para fumigar cunetas e o seu parigo para a saúde humana e animal

Davide Rodríguez, do grupo de Villares, critica que é un perigoso herbicida que chega a afectar á saúde humana.

Por Galicia Confidencial | Manzaneda | 04/07/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Estradas, vías do tren ou parques están a ser fumigados estes días por distintas administracións, tanto estatais como autonómicas, tal e como se pode ver neste vídeo publicado por GC. “Iso fai que penetre no solo, fíltrase á auga e os seus residuos permanecen nos cultivos durante anos, afectando e moi seriamente a fauna e flora, e por extensión, acaba nos alimentos que consumimos e na auga que bebemos”, denuncia o deputado nacionalista do grupo de Luís Villares, Davide Rodríguez. 

Uso do glifosato nos cultivos
Uso do glifosato nos cultivos | Fonte: Greenpeace

Por iso, acaba de instar á Xunta, a través dunha iniciativa parlamentaria, que deixe de utilizar este perigoso herbicida. Un herbicida que xa foi denunciado por distintas organizacións ecoloxistas e agrarias polos seus potenciais efectos daniños para a saúde humana.

Rodríguez denuncia que o glifosato “contamina os solos e a auga e afecta a outros seres vivos e organismos acuáticos, dende algas microscópicas ata peixes e moluscos, pasando tamén polas ras e os seus cágados, e organismos do solo como as miñocas, fundamentais para manter e incrementar a fertilidade do solo”.

O uso do glifosato tamén reduce a diversidade e cantidade de especies vexetais e por isto pode afectar a seres vivos cruciais para a agricultura, como son os polinizadores. Para o deputado nacionalista, as presións da industria dos agroquímicos e transxénicos “conseguiu que en Europa o glifosato siga estando autorizado, contra as cada vez máis fortes evidencias da súa toxicidade”. De feito, nestes anos, a Comisión Europea adiou xa varias veces a decisión sobre a re-autorización do glifosato ou a súa prohibición definitiva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta