O líder do PP non ve un “cuatripartito” gobernando en Galicia

Feijóo di que “sería un problema, máis que unha solución” que a Xunta estivera gobernada polo PSOE, o BNG, En Marea e “os que aínda non teñen nome”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/07/2019 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, está convencido de que a solución para gobernar Galicia non pasa pola esquerda, nin polo nacionalismo, nin pola esquerda nacionalista. “Se a alternativa son os catro partidos políticos do Parlamento pois iso non é alternativa ningunha”, dixo.

Alberto Núñez Feijóo, en entrevista na Radio Galega.. RADIO GALEGA
Alberto Núñez Feijóo, en entrevista na Radio Galega.. RADIO GALEGA

En resposta a unha pregunta do Galicia Confidencial, Feijóo ninguneou aos grandes partidos da oposición e considerou que ese remexido de siglas e proxectos políticos non poden ser o futuro de Galicia. “Non creo nunha alternativa que sexa o PSOE, o BNG, En Marea e os que aínda non teñen nome”, suliñou.

Iso sería un bipartito multiplicado por dous, un cuatripartito e esa non é a solución para Galicia, máis ben todo o contrario”, destacou en resposta a un posible pacto se os populares non acadan a maioría absoluta nas eleccións autonómicas do vindeiro ano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Eslaier

Os que aínda non teñen nome chamaranse Máis Marear e serán apadriñados polo Errejón (amo do novo Ciudadanos de "esquerdas" españois). Resultado: pp, psoe, podemos, máis mareados (e BNG, os galegos do grupo).

1 Xanc

Moito mellor un trifachito con PP, Vox e Ciudadanos. Onde vai parar!