Na auto negación do vencido

O peor non é ter pouco, que iso ten remedio; o verdadeiramente triste é ter pouco cando aínda se merece moito menos. E que pode merecer unha sociedade que renuncie aos seus dereitos máis básicos e fundamentais?

Por Xoán Vázquez | New Jersey | 09/07/2019

Comparte esta noticia

Dereitos, eles, ancorados á cerna mesma da historia, parte inseparable da identidade, do que somos desde que demos os primeiros pasos sobre a codia da terra. Valores sen os cales ata se pode pór en dúbida a existencia mesma da sociedade como singularidade na historia. Esa renuncia, pola súa condición de auto negación, é dúas veces traizón; pois transcende a nosa titularidade ao alimentar as condicións que conducen ao xurdir dunha xeración onde a renuncia é o normal, quedando a afirmación reducida a unha anomalía. E con respecto ás mafias dos okupas, é xustamente onde nos atopamos: Nas traizóns da auto negación do vencido, inculcándolles aos que veñen detrás a rendición como norma. E aqueles, poucos, que dalgunha maneira teñan sobrevivido esas pezoñas do politicamente correcto, axiña se han atopar rotundamente clasificados como fachas.  

O terror inducido polas mafias dos okupas, xa con deixes a terrorismo, evidencia a falta de seguridade (persoal, xudicial e xurídica) na que nos toca vivir cada día, a bancarrota moral do Estado de Dereito borrado polo usurpador apátrida, acultural e amoral; un ser abxecto, depredador, carente de escrúpulos e alleo á dignidade. E cansos de que nos falen de liberdade, coma se iso for posible na ausencia da seguridade, nun Estado que nos nega o máis básico dos dereitos: o dereito a ser donos das nosas casas; ou sexa, o dereito a defendelas deses criminais depredadores. Sendo a casa unha extensión de un mesmo, non ter dereito a defendela equivale a non ter dereito á autodefensa. E así, nese baldeiro moral, deambulamos perdidos nos labirintos desta senrazón á procura de algo que nos axude a entender tanto desnorte, tanta incomprensible desfeita. O triste non é estar onde nos atopamos. O triste, o verdadeiramente incomprensible é a nosa incapacidade para desamarrarnos dos cabestros malditos deste lixo do politicamente correcto, alimentado por un complexo de inferioridade abafante. Inconcibible que non sexamos capaces de organizarnos nin para defender as nosas casas. Querémonos abrigar nunha Constitución garante, propia dun Estado de Dereito, pero neste novo progresismo podemizado xa son máis importantes as asembleas de puño erguido cá mesma Constitución: o Estado de Dereito, un estorbo. E vánsenos pechando portas e derrubando esperanzas mentres esta nova colleita progresistas nos despacha leria oportunista acultural e amoral. Fálannos e fálannos, arreo, e os que temos o vicio escoitar, escoitamos. Pero escoitamos todo e a todos, e peneiramos o escoitado nas peneiras da verdade.  E nos partidos do establishment xa se fala tanto de lerias inconsecuentes que non lles queda tempo para escoitar á xente, que cada día se sente máis desprotexida e vítima dunha hipocrisía francamente insoportable.

Contan que continuemos submisos e na auto negación do vencido. E nós tragamos a carnada do vota por min que os outros aínda son peores; ou sexa, acepta a túa condición de vencido e arrímate, dos xugos, ao que che promete menos asfixia.  E aí seguimos, sen pór en valor o noso voto vencellándoo ás nosas prioridades. Ninguén é capaz de gritar “quen me garante o meu dereito a defender a miña casa, ata as últimas consecuencias, ten o meu voto”. Gritalo e facelo. Sen máis consideracións. Vencer o medo e abrazar a afirmación. Sermos.

Declaración institucional de Pedro Sánchez para comunicar a data das próxim. Óscar do Pozo - Europa Press
Declaración institucional de Pedro Sánchez para comunicar a data das próxim. Óscar do Pozo - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Vázquez Nado en 1957, na aldea do Zapatal, parroquia de Santa Mariña de Xuño, concello do Porto Do Son. Con 17 anos emigra aos EE.UU. Estuda informática na Kean University. Actualmente exerce de informático en New Jersey. O seu blog: http://xoangvazquez.blogspot.com/