Temas: XUNTA COLEXIO OBRA

Adxudicadas 22 obras en centros escolares con cargo aos fondos do superávit, por uns 19 millóns de euros

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional adxudicou un total de 22 obras de rehabilitación integral en centros escolares de toda Galicia que levarán a cabo durante este verán. En total, suporán máis de 19 millóns de euros con cargo aos fondos do superávit.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2019 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional adxudicou un total de 22 obras de rehabilitación integral en centros escolares de toda Galicia que levarán a cabo durante este verán. En total, suporán máis de 19 millóns de euros con cargo aos fondos do superávit. Para a selección de centros, tivéronse en conta tanto a antigüidade dos inmobles como a necesidade das intervencións, valorada polas unidades técnicas provinciais, ou o número de alumnos.

As reformas beneficiarán ao CEIP Vicente Otero Valcárcel de Carral, ao CEIP Raíña Fabiola de Santiago, ao IES de Arzúa, ao CEIP Cruceiro de Canido de Ferrol, ao IES Monelos da Coruña, ao CEIP Fogar de Carballo, ao IES Muralla Romana de Lugo, ao CEIP Plurilingüe Santa María da Fonsagrada, ao CEIP de Casás de Lugo ou ao CEIP de Cervo, ao CEIP de Foz nº1.

Tamén se realizarán actuacións no CEIP Princesa de España de Verín, o CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo do Carballiño, ao CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras, ao CEIP de Prácticas de Ourense, ao IES O Couto de Ourense, ao CPI de Cova Terreña de Baiona, ao IES Ramón Cabanillas de Cambados, ao CPI Pontecesures, ao CEIP do Hío de Cangas, ao IES Illa de Tambo de Marín e ao CEIP García Barnón de Vigo.

Estas obras uniranse a outras programadas que tamén empezarán este verán, e que xa foron adxudicadas, que se realizarán no CEIP da Ramallosa de Teo, o CEIP Felipe de Castro de Noia, o CPI Ramón Piñeiro de Láncara, o CEIP Luís Pimentel de Lugo, o CEIP Virxe do Carme de Burela, o CPI Terras de Maside, o CIFP Portovello de Ourense, o CEIP Tenorio de Cerdedo-Cotobade, e o CEIP Arealonga de Vilagarcía de Arousa.

Obradoiro nun centro escolar de Monforte
Obradoiro nun centro escolar de Monforte | Fonte: Xosé Manuel Fernández

Temas: XUNTA COLEXIO OBRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta