A CIG asegura que as plantas de Ferroatlántica "quedarían peor" coa venda a un fondo americano

"Estamos ante unha operación fraudulenta que supón unha segregación encuberta das centrais", considerou o portavoz da sección sindical, Alfonso Mouzo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/07/2019 | Actualizada ás 19:44

Comparte esta noticia

O sindicato nacionalista CIG asegurou que as plantas que Ferroatlántica ten no municipio coruñeses de Cee e Dumbría "quedarían nunha situación peor" se se efectiviza a venda ao fondo norteamericano TPG Sixth Street Partners. Así o trasladou a organización sindical aos traballadores nunha asemblea celebrada en Cee para abordar a situación da empresa e da que a CIG informou nun comunicado.

A central nacionalista considera que de materializarse a venda estas fábricas quedarían fóra do grupo "funcionando como unha especie de subcontrata", xa que o "provedor e comprador exclusivo da produción seguiría a ser FerroGlobe".

"Estamos ante unha operación fraudulenta que supón unha segregación encuberta das centrais", considerou o portavoz da sección sindical, Alfonso Mouzo, que advirte de que o obxectivo de Villar Mir "seguen sendo a venda dos aproveitamentos hidroeléctricos para facer negocio con eles".

"A operación anunciada por Villar Mir segue a fórmula da presentada en 2017, pero de forma máis sofisticada para darlle a aparencia de legalidade", subliñou. Ademais, indicou que a representación sindical dirixiuse ao suposto comprador para coñecer o seu proxecto industrial, unha resposta á que, segundo indicou, a resposta foi que "nada tiñan que falar" con eles xa que "aínda están en negociacións".

Ferroatlántica, Industria. EUROPA PRESS - Arquivo
Ferroatlántica, Industria. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta