Feijóo di que é imposible poñer couto aos fondos de investimento porque “estamos no libre mercado”

Recoñece que algún destes fondos, que se fixeron con empresas como Alcoa ou Ferroatlántica, dan ”máis seguridade” que outros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2019 | Actualizada ás 20:36

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que entre os fondos de investimento que realizan compras en Galicia hai algúns que "dan máis seguridade" e outra "máis incerteza", pero dixo que non se lle poden poñer couto porque “estamos nun sistema de libre mercado”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello. XUNTA | Fonte: Europa Press

Na rolda de prensa tras o Consello da Xunta, preguntado por GC pola chegada a Galicia de diferentes fondos de investimento para realizar compras de compañías, entre elas, Ferroatlántica, Alcoa ou a concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, Feijóo lembrou que "ningún goberno" pode actuar neste asunto salvo "cando se trate de sectores estratéxicos da economía regulados por lei".

"O que é evidente é que seguimos con interese que fondos de investimento son. Hai fondos de investimento que nos dan máis seguridade e outros que nos dan máis incertezas", manifestou Feijóo, que destacou que o seu Goberno segue "os avatares dunha economía libre de mercado".

Algunhas das operacións protagonizadas por fondos de investimento nos últimos meses en Galicia foron as realizadas por TPG en Ferroatlántica e Parner na planta de Alcoa A Coruña, ou por River Rock European Capital Partner, na sociedade concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Breoghain

Livre mercado ?? Não me faça rir !!! Para algunas empresas de serviços tambêm há livre mercado ou estão protegidas polos seus "contratos íntimos" com o sector público? Cinismo.