O colectivo de celadores considera un "éxito" a mobilización mentres o Sergas segue sen comunicarse con eles

Este venres celebráronse concentracións en hospitais de toda Galicia pola perda de prazas da categoría laboral en favor dos PSX.

Por Brais Nogueira | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2019 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

O colectivo de celadores manifestouse este venres en toda Galicia para protestar pola perda de prazas da súa categoría laboral. A xornada aconteceu tal e como estaba planeada, onde a partir das 12:00 membros deste colectivo concentráronse en diferentes hospitais de Galicia. Ángel Bergueiro, un dos celadores que se manifestaron esta mañá considera que a acción "foi un éxito tendo en conta as circunstancias, xa que son moitas as dificultades que implica abandonar o noso posto de traballo e que moita xente está de vacacións".

Concentración de celadores no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
Concentración de celadores no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

"Sabemos que temos moitas persoas que nos apoian que hoxe non puideron estar", continúa Bergueiro. O celador mostrouse satisfeito do número de hospitais que seguiron a iniciativa xa que houbo presenza "incluso no pequeno hospital de Cee". O mércores terán en Santiago de Compostela unha xuntanza a nivel galego para estudar as seguintes mobilizacións.

INACCIÓN DO SERGAS

Bergueiro denuncia que aínda non teñen ningún tipo de comunicación por parte do Sergas a pesar dos seus intentos por contactar, pero que intúen que se están a mover as cousas: "Sabemos que se adiantou a reunión pola Atención Primaria ao día 23. Non podemos asegurar se é por nós, pero o podemos intuír".

O representante do colectivo tamén quere aclarar que aínda que eles fixeron esta mobilización alén dos sindicatos, e ningún caso rexeitan o seu apoio, "todo o contrario". Ademais, tamén quere aclarar que eles non están contra a categoría de PSX "tal e como está aparecendo nalgúns sitios", senón que soamente "queren loitar polo seu traballo".

Celadores concentrándose no Hospital Clinico
Celadores concentrándose no Hospital Clinico

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Doc. holliday ABILEINE

Escasisima repercusión que non esta nen seguida polos traballadores nen polos sindicatos, todos sabemos que nos pac e centro de saude o que se necesitan son auxiliares administrativos e non celadores hospitalarios... POR FAVOR QUE NON NOS ENGANEN.... a concentración en vigo e por outros factores "políticos" e o sabemos todos