Entre outras cuestións, apuntan que non se cumpre a "superficie útil mínima recomendada" das habitacións, que non hai visión directa "da totalidade dos recursos da sala" ou que existe unha "identificación inadecuada das alarmas nos monitores", ademais de "problemas ergonómicos" para os profesionais e formación "insuficiente" sobre as novas tecnoloxías do servizo.
  comenta   0
Nas oposicións á categoría de técnico en coidados auxiliares de Enfermaría a participación foi do 93,3 %, con 14 participantes dos 15 aspirantes admitidos. Desde a primeira convocatoria do ano 2018, o servizo sanitario galego xa conta con máis dun centenar de traballadores con algunha discapacidade.
  comenta   0
Repartiranse do seguinte modo: máis de 200 prazas de médico, máis de 700 de enfermaría, máis de 450 de auxiliar de enfermaría, máis de 120 de técnicos superiores sanitarios e máis de 100 de celadores.
  comenta   0
Logo do acordo co colectivo médico, o Sergas pechou a última hora deste xoves outro acordo con CIG, CCOO, CSIF, Satse e UGT para aumentar as retribucións salariais ao resto dos colectivos sanitarios. Nin sindicatos nin Xunta acordaron aumentar o persoal para facer fronte a saturación da Atención Primaria.
  comenta   0
Vai abrir unha actuación de oficio en todas solicitando a adopción de medidas urxentes para afrontar as carencias existentes na Atención Primaria, que dificultan o acceso dos cidadáns a este servizo sanitario esencial.
  comenta   0
Denuncian unha "alarmante" falta de persoal. A xerencia do hospital di que "xa se reforzaron o servizo e haberá unha reunión entre a xerencia e os sindicatos".
  comenta   1
A distinción será para o conxunto dos profesionais de distintos ámbitos que participan no dispositivo de vacinación fronte á covid-19.
  comenta   0
Sanitarios do CHUS denuncian que a área de Santiago deu ordes de non cubrir unha baixa coñecida de antemán, incumprindo a normativa anticovid do Sergas. Finalmente --explican--, a vacante foi substituída pero ante a negativa de algúns cargos superiores.
  comenta   0
Julio García Comesaña era ata hai uns días o xerente da EOXI de Vigo. Algunhas voces din del que “parece dialogante”, algo que sectores ligados á Sanidade en Galicia botan en falta. García Comesaña ten por diante non só unha pandemia mundial, senón a necesidade segundo moitos e moitas profesionais, de cambiar numerosas políticas dentro do SERGAS.
  comenta   0
Nun primeiro test non deu positivo e si nun segundo realizado oito días despois. Tras 84 probas PCR realizadas a profesionasi, un técnico en coidados auxiliares deu positivo.
  comenta   0
A muller ingresou no Cunqueiro por unha caída e fractura. Estivo ingresada unha semana na planta de Neurocirurxía porque a de Traumatoloxía no tiña camas ata que se lle fixo a proba. A familia asegura que tiña os síntomas do coronavirus cando a levaron e que informaron diso. Veu unha ambulancia con persoal con traxes EPI. Desde o Sergas manifestan que os síntomas eran "moi débiles".
  comenta   0
“Eu levo asinado contratos de quince días, dun mes e, como máximo de seis meses”, apunta un profesional sanitario que denuncia que non ten dereito a permisos laborais como o de paternidade ou a indemnizacións. Sobre a xestión do coronavirus é contundente: “Se isto pasara en Madrid a situación ía ser igual ou peor”.
  comenta   3
Este colectivo critica que a Xunta premie merecidamente con días libres ao colectivo de enfermaría que traballou nas unidades do coronavirus pero que se teña esquecido deles.
  comenta   3
A representación sindical de CC.OO pide a dimisión da directiva, a quen acusa de "poñer en perigo" aos traballadores e ás súas familias. Aseguran que boa parte das probas de detección realizadas ao persoal de enfermaría e celadores «desapareceron» e non se coñecen os resultados.
Enfermeiros, celadoras, técnicos auxiliares de enfermaría, fisioterapeutas, técnicos de raios de laboratorio e de farmacia, informáticos, albaneis , cociñeiros ou médicos. Moitos deles están salvando vidas. A todos eles se lles aplaude ás 20.00 horas sen saber que tras xornadas maratonianas están contratos precarizados e indignos. Esta é a radiografía da sanidade da que presume Feijóo.
  comenta   5
Os sindicatos fan un chamamento a celadores, administrativos, técnicos, persoal de mantemento, cociña e lavandaría, Enfermaría e médicos.
  comenta   0
Traballarán nos centros de referencia habilitados para coidar anciáns contaxiados, pero falan de “caos” e de “improvisación” no da Porta do Camiño, en Santiago, que aínda non ten usuarios. "Todo o que fai Feijóo é puro electoralismo", critican mentres Feijóo defende este modelo de illamento dos maiores.
  comenta   8
Os celadores das áreas sanitarias galegas realizarán unha concentración nos principais hospitais sen a participación dos grandes sindicatos. Piden estabilidade laboral e o Sergas responde que xa hai convocatorias públicas abertas.
  comenta   8