O BNG pide ao Concello da Coruña que inicie accións legais para recuperar a Casa Cornide, en mans dos Franco

Pide seguir o exemplo do caso iniciado pola Avogacía do Estado co Pazo de Meirás.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2019 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

O BNG da Coruña presentará no próximo pleno ordinario do Concello herculino unha iniciativa para que o Concello inicie accións legais co fin de recuperar a Casa Cornide, agora en mans da familia do ditador Francisco Franco, do mesmo xeito que esta facendo a Avogacía do Estado co Pazo de Meirás.

Casa Cornide na Coruña
Casa Cornide na Coruña | Fonte: Zarateman en Wikipedia.

"O BNG celebra a demanda da Avogacía do Estado á familia Franco pola venda fraudulenta do Pazo de Meirás", sinalou o portavoz nacionalista, Francisco Jorquera, acompañado pola concelleira Avia Veira.

Para Veira, o caso da Casa Cornide "está aínda máis claro porque a poxa estivo claramente amañada e porque o inmoble era propiedade pública ata 1962".

"É a propia carta que lle envía o secretario persoal de Francisco Franco, Ricardo Catoira, a Juan Sánchez-Cortés y Dávila, subsecretario de Facenda, onde se detallan os movementos que as Administracións públicas tiveron que facer para cumprir o capricho da esposa de Francisco Franco de obter un inmoble no centro da cidade encubrindo unha adxudicación directa dun ben público", conclúe Jorquera.

A formación nacionalista argumenta que "o novo escenario provocado pola demanda da Avogacía do Estado obriga a que o Concello da Coruña actúe xudicialmente" para recuperar este inmoble.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta