Artigos de Xesús Veiga

Camiñar e mascar chicle

Cando lle escoitei ao presidente Núñez Feijoo afirmar que a eventual reforma do actual Estatuto de Autonomía non se debería acometer mentres non se rexistrara un punto de inflexión na crise económica pola que atravesamos, lembreime daquelas opinións publicadas que lle atribuían aos ex-presidentes norteamericanos Gerald Ford e Ronald Reagan unha común incapacidade para camiñar e mascar “chicle” ao mesmo tempo.

As promesas do candidato

Cada vez que Mariano Rajoy anuncia medidas concretas para combater a crise económica semella que asistimos á simulación da chegada dun novo mesías que conducirá ao pobo doente á terra prometida da prosperidade.

As verdades incomodas

Zapatero como activo político ficou amortizado na comparecencia parlamentaria onde recitou o guión que lle ditaron en Bruselas e que o propio Obama apadriñou, con esa capacidade persuasiva de quen posúe importantes ferramentas disuasorias para os que, no sur de Europa, non fan axiña os deberes que lles marcan esas novas divinidades laicas chamadas mercados.

Cambio de ciclo na USC

Para a grande maioría das persoas que carecen dunha mínima vinculación coa vida das Universidades galegas existe unha tentación comprensíbel:analizar as eleccións aos órganos universitarios coas mesmas claves interpretativas que se utilizan habitualmente para xulgar as campañas electorais ordinarias.

O disputado voto da emigración

O anuncio público do principio de acordo acadado nunha subcomisión do Congreso dos Deputados sobre posíbeis cambios normativos a respeito do voto dos residentes ausentes, provocoume unha dupla sensación de sorpresa e satisfacción.

O caso Garzón

O extraordinario rebumbio provocado na opinión publicada como consecuencia do procesamento do xuíz Garzón por mor das súas actuacións a respeito dos represaliados polo franquismo, é o resultado dun conxunto de factores que se combinan dun xeito complexo mais que reciben un tratamento simplificado pola maioría dos sectores que participan nas polémicas mediaticas e sociais.

Se o PP fose unha empresa privada

Imaxinemos, por un momento, que Mariano Rajoy é o máximo executivo dunha empresa privada na que se constata a evidencia de que o director financeiro da mesma ten utilizado semellante posto para incrementar o seu patrimonio á marxe da legalidade e dos Estatutos da sociedade.