En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao tempo que lle dicía retranqueiramente: “A moitos Gobernadores Civís coñecín eu, si señor!”. E alá que marcha sen falar unha palabra de máis.