Artigos de Xosé Glez.

A manda testamentaria de García Bodaño

Bodaño naceu en Teis en 1935, a poucos metros da miña casa. Aínda que somos de distinta xeración, miña amizade vén de vello, dos anos sesenta, onde todo estaba por vir e non daba chegado.

Curandeiros, menciñeiros e librerías

Son dun tempo no que as nais non obrigaban a levar no peto superior da chaqueta un dente de allo para escorrentar o mal de ollos. Tempos de curandeiros e menciñeiros – home e mulleres- que axudaban a curar doenzas de variado tipo. Profesións que se viñeron exercendo desde tempos inmemoriais. A min, sendo neno, a señora Lola “A Carballa” levantoume a paletilla con aquelado ritual asistida por outras dúas mulleres.

Sentenzas xudiciais en galego a instancia de parte

O amparo legal existe. O artigo 7.2. da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística recolle este dereito: “As actuacións xudiciais de Galicia serán válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial empregada. En todo caso, a parte ou interesado terá dereito a que se lle entere ou notifique na lingua oficial que elixa”.

Concellos e xustiza

Afondar nos medios para acadar maiores cotas de normalización da lingua galega nas administracións públicas é unha práctica pouco común. As inercias funcionan de seu para mal. Beatriz Varela Morales, técnica do Departamento de Educación do Concello de Santiago, é unha excepción. Nese servizo municipal a meticulosidade é unha norma propia dos que saben que os dereitos humanos recoñecidos polos textos legais deben ter carácter expansivo e teren sede en todos os actos administrativos.

Premio Blanco-Amor

O día 1 de decembro de 1979 falecía en Vigo Eduardo Blanco Amor a quen coñecín moito nas tertulias duns poucos na Fundación Penzol.

Antón Beiras, un científico progresista e galeguista

A década dos cincuenta do século pasado está ateigada de feitos e personaxes sobranceiros que salientaron no eido científico. Para que isto ocorrese non podemos esquecer algúns fitos relevantes. En 1956 celébrase en Buenos Aires o 1º Congreso da Emigración Galega. Un cónclave que foi decisivo para alentar no interior do país un proceso de modernización e avances en todos os campos.

Lápidas e exéquias fúnebres

O día de Defuntos ten en Galicia unha longa tradición manifestada nos ritos funerarios que expresan o tránsito da vida á morte. O antropólogo Marcial Gondar sitúa esa cultura na identidade, afirmando que os vivos e os mortos ainda constitúen unha comunidade: o defunto está sempre próximo, mesturado cos vivos nunha interacción que traspasa a vida cotiá.

Viños e produtos que falan en galego

O pensamento económico galego ten unha historia apenas coñecida. Ese descoñecemento está desgrazadamente moi xeralizado. Vexamos algúns casos.