Artigos de Manuel H. Iglesias

Aturarse polo poder

Ao largo da historia da humanidade sempre houbo xuntanzas de comenencia; matrimonios de interese e, sobor de todo, cantidade de negocios que sempre tiveron como obxectivo ter poder e si é posibel amasar fortuna. A condición humana maiormente traballa pra ter e acadar satifaccións persoais ou de grupo; mais poucas veces o fai por altruímo e pensando nos intersese colectivo da sociedade. Ise obxectivo queda relegado pra outro tipo de entidades que colocan unha serie de principios éticos e mesmo relixiosos por diante dos económicos.

Na moderación estivo a chave

Se houbera que definir a clave do éxito electoral tanto de Feijoo como o de Ana Pontón, entendo que a teríamos que resumila nunha frase: fuxir da estridencia, do berro desesperado e achegarse á moderación nas mensaxes. Ben sei que son dúas propostas partidarias moi diferentes, dado que semellan o día e a noite e chocan como a auga e o aceite.

Nacionalismo paleto?

Cando as cuestión ideolóxicas e propostas partidarias se consideran dogmas, xa non estamos no ámeto da política, pois entramos no eido das cuestións de fé, e iso que pacerece unha banalidade non o é. Pois a política é un asunto dos humanos e o outro entra no campo estrictamente relixioso e pode chegar, a traves das crenzas ó fanatismo, e logo a ser incompatibel coa racionalidade coa que debemos actuar os habitantes do planeta.

A xuíza e o xusticieiro

Non hai moitos anos, unha xuiza que viu pisos no Brasil e mil historias ilegais que fabricou na súa imaxinación, e que a maioría quedaron ne nada, co seu afán xusticieiro desfixo unha corporación municipal que funcionaba e sementou dúbidas sobre a horabilidade das persoas que a compoñían, especialmente sobor do alcalde. Aquela decisión deu esaxerados titulares de prensa. Tamen amosou a infantilidade e precipitación dos grupos políticos que formaban o goberno.

Revisionismo histórico

Coñecer o noso pasado pra entender o presente é unha prenmisa que segue a cumplirse a día de hoxe. Máis esta verdade moitas veces é esquecida e, iso leva a que os humanos topemos coa mesma pedra ou que cometamos erros que son fonte de conflitos sociais malos de arranxar.

Tempo de contas e promesas

Ben sei que estamos, a pesares do Covid 19, en precampaña electoral. E como consecuencia de tal asunto, o 12 de xullo votaremos dado que é un deber cidadán. Chegou o tempo de que Feijoo e o seu goberno rindan contas polo traballo feito durante os catro anos. E tamén que a oposición plantexe un programa alternativo se realmente quere rematar cos mandatos do Sr. de Peares. Estamos, polo tanto, no tempo das promesas electorais onde quen goberna se pode esaxera os éxitos ampliando e manipulando datos, e agocha os fracasos. O obxectivo é engaiolar os electores e convencer, pois deso vai o asunto.

España, España

Vivimos un tempo especial. Un virus inesperado irrumpiu nas nosas vidas e o gobermo tivo que tomar medidas especiais para frear unha pandemia mundial que de súpeto trouxo moitos milleiros de mortos. Polo tanto, estamos a pasar unha crise que, queiramos ou non, deixará unha marca e uns estragos persoais e económicos que, en maior ou menor grao, teremos que pagar todos.

De ética e presupuestos

Ter os presupostos anuais aprobados, para calquera institución pública, significa poder gobernar e afrontar proxectos para mellorar a vida dos cidadáns. Iso é o que sempre se di e debera ser. Sen presupostos pouco se pode facer nun concello. Mais, se falamos de presupostos e ética na política, compre entender que é preciso manter un certo grao de coherencia co que se di e logo co que se fai.