Artigos de Óscar Lomba

Outro Vigo é posible

Vigo é unha cidade con suficientes recursos e chea de potencialidades, cun tecido social, veciñal e asociativo enorme e unha capacidade creativa excepcional. Porén, é unha cidade cada vez máis polarizada, na que moita xente vive e traballa en condicións indignas.

A sanidade pública non se vende

Dispor dunha atención sanitaria pública, universal e de calidade é un dereito cidadán, independente da condición social ou do lugar de residencia. Porén a progresiva aplicación de políticas ultraliberais, que se propoñen desmantelar o raquítico Estado do benestar e que favorecen a privatización da sanidade pública, están provocando un colapso do sistema e ao mesmo tempo están estragando a nosa saúde.

Galicia e a mellora do seu sistema educativo

Nos últimos anos na Unión Europea obsérvase un fenómeno rechamante e é que un dos seus membros máis pobres, que aínda sente os efectos dunha grave crise económica, está ascendendo cada vez máis na principal proba internacional de educación.

A xustiza e as clases sociais

O outro día lin casualmente unha noticia sobre a condena a un ano e nove meses de cárcere ao mozo que roubou un bocadillo nunha panadería da súa cidade. A sentenza estimou que o home colleu o bocadillo “coa intención de enriquecerse” e non por un “estado de necesidade porque tiña fame”, tal e como asegurou a súa defensa.

Afirmar a diplomacia galega no Mundo

Os galegos e galegas, que totalizan máis de tres millóns, se incluímos os milleiros de emigrantes e os seus descendentes espallados por centos de vilas e cidades dos distintos continentes, son a máis importante e eficaz fonte de inserción de Galicia no mundo e, simultaneamente, de territorialización do mundo globalizado nas comunidades locais de onde partiron.

Da preamar simbiótica ao tsunami galego

Iniciativa pola Unión e Encontro Cidadán por unha Marea Galega deben establecer unha relación mutualista que conduza a unha preamar simbiótica, na que ámbalas dúas organizacións sairían favorecidas e sobre todo Galicia sería a máis beneficiada. Esa simbiose colectiva só poder estar baseada na solidariedade, a cooperación e o ben común.

Asasinato machista e xornalismo amarelo

Os medios de comunicación de masas deberían actuar como transmisores de mensaxes cara o cidadán da pé. A súa función principal debería ser informar, alimentar de noticias, análises, opinións e entretemento ao corpo social.

Candidatura galega: A Message to Garcia

A Message to Garcia é un libro ensaístico escrito por Elbert Green Hubbard en 1899. Elbert Hubbard foi un escritor, editor, artista e filósofo estadounidense. Foi un expoñente do movemento Arts and Crafts. Nesta obra, relata concisamente a historia do militar estadounidense Rowan, ao que o presidente dos Estados Unidos encárgalle entregar unha mensaxe ao dirixente das tropas insurrectas e as milicias rebeldes, ocultas na serra cubana, no curso da Guerra hispano-estadounidense a finais do século XIX. Hubbard destaca o feito de que Rowan recolle a mensaxe e consegue entregalo malia que ninguén lle facilitou información ningunha nin medios para atopar a García, para o que Rowan percorre a pé a illa de Cuba de costa a costa. Ante isto, Hubbard propón por medio doutros exemplos, que a aplicación para cumprir de contado coa tarefa encomendada, sen reticencias nin vacilacións, é o principal valor para conseguir o éxito, sobre todo no traballo, aínda máis que o talento ou a erudición. Conclúe sostendo que o mundo necesita «moitos Rowan» e que existen pendentes por entregar moitas «mensaxes a García», en aplicación da máxima «facer ben o que se ten que facer».
Óscar Lomba Óscar Lomba Álvarez (Vigo 1966). Coordinador de Diem25 en Galicia e candidato ás eleccións europeas por Podemos. Licenciado en Dereito-Económico pola Universidade de Vigo e Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi colaborador de Radio Piratona. Ex-vicepresidente da Cooperativa Árbore. Ten colaborado cos seguintes medios: Coiote, Diario 16 de Galicia, A Nosa Terra, A Peneira, Kalaikia, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, A Trabe de Ouro, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, El Foro Metropolitano, Pensamiento Crítico e Tribuna Socialista.