Artigos de Óscar Lomba

Vítor Hugo e a revolución

«Cando a ditadura é un feito, a revolución vólvese un dereito». Esta poderosa cita do famoso escritor e poeta francés Vítor Hugo encapsula a idea de que en situacións de opresión e tiranía, o desexo de liberdade e xustiza convértese nunha forza irresistible. A historia está chea de exemplos nos que os individuos e as sociedades resistiron e desafiaron réximes autoritarios e opresivos, loitando pola democracia e os dereitos humanos.

Democracia municipalista

A democracia comeza na aldea, na vila e na cidade. A política local, as institucións próximas, as candidaturas directamente formadas e controladas pola cidadanía son hoxe algúns dos elementos que deron nome ao «municipalismo alternativo» ou ás «candidaturas de unidade popular».

Outro Vigo é posible

Vigo é unha cidade con suficientes recursos e chea de potencialidades, cun tecido social, veciñal e asociativo enorme e unha capacidade creativa excepcional. Porén, é unha cidade cada vez máis polarizada, na que moita xente vive e traballa en condicións indignas.

A sanidade pública non se vende

Dispor dunha atención sanitaria pública, universal e de calidade é un dereito cidadán, independente da condición social ou do lugar de residencia. Porén a progresiva aplicación de políticas ultraliberais, que se propoñen desmantelar o raquítico Estado do benestar e que favorecen a privatización da sanidade pública, están provocando un colapso do sistema e ao mesmo tempo están estragando a nosa saúde.

Galicia e a mellora do seu sistema educativo

Nos últimos anos na Unión Europea obsérvase un fenómeno rechamante e é que un dos seus membros máis pobres, que aínda sente os efectos dunha grave crise económica, está ascendendo cada vez máis na principal proba internacional de educación.

A xustiza e as clases sociais

O outro día lin casualmente unha noticia sobre a condena a un ano e nove meses de cárcere ao mozo que roubou un bocadillo nunha panadería da súa cidade. A sentenza estimou que o home colleu o bocadillo “coa intención de enriquecerse” e non por un “estado de necesidade porque tiña fame”, tal e como asegurou a súa defensa.

Afirmar a diplomacia galega no Mundo

Os galegos e galegas, que totalizan máis de tres millóns, se incluímos os milleiros de emigrantes e os seus descendentes espallados por centos de vilas e cidades dos distintos continentes, son a máis importante e eficaz fonte de inserción de Galicia no mundo e, simultaneamente, de territorialización do mundo globalizado nas comunidades locais de onde partiron.

Da preamar simbiótica ao tsunami galego

Iniciativa pola Unión e Encontro Cidadán por unha Marea Galega deben establecer unha relación mutualista que conduza a unha preamar simbiótica, na que ámbalas dúas organizacións sairían favorecidas e sobre todo Galicia sería a máis beneficiada. Esa simbiose colectiva só poder estar baseada na solidariedade, a cooperación e o ben común.