Artigos de Pablo Vaamonde

O que Galicia precisa

Galicia está a vivir momentos de dificultade e precisa da súa xente máis capaz para saír canto antes deste estancamento.

Virán malos tempos

O ministro de Economía, Luis de Guindos, acaba de predecir a catástrofe: estamos mal e iremos a peor. No lugar de explicar cómo vai sacar ao país da crise, ven de anunciar en público que nos agardan malos tempos, que a situación económica aínda vai empeorar.

As anécdotas do Sergas

Para celebrar o vixésimo aniversario do Sergas as actuais autoridades sanitarias non tiveron mellor ocorrencia que poñer en marcha un concurso de anécdotas.

Os recortes na sanidade pública

A crise económica internacional, agravada en España pola explosión da burbulla inmobiliaria, está sendo utilizada pola dereita como pretexto para cercenar dereitos cidadáns e recortar prestacións (sanitarias, educativas, sociais) dun modo brutal e descarado, como nunca antes se fixera, que pode provocar un fenda profunda na equidade e na estabilidade social deste país.

Restricións no acceso á sanidade pública en Galicia

1. Denegación da prestación farmacéutica (a propósito dun caso). Unha paciente de 92 anos, encamada e dependente total desde hai máis de oito, moi ben atendida polas súas fillas, recibe a notificación de que non ten dereito á prestación farmacéutica. Hai máis de dúas décadas que coñezo a esta persoa e á súa familia e non poido dar creto a esta nova. Máis cando tento facer a receita electrónica aparece o seguinte enunciado na pantalla do ordenador: “Non é posible xerar as receitas porque a paciente non dispón de tarxeta sanitaria en vigor”. A familia procura arranxar a situación. Despois de visitar varias oficinas da Administración atopan unha resposta: non ten dereito aos fármacos porque recibe unha pensión de Holanda (que non chega aos 300 euros), donde traballou como emigrante cando era nova.

A lingua na sanidade

O último sábado do mes de outubro presentouse na Estrada a Irmandade da Sanidade Galega (Isaga). Máis dun centenar de persoas acudiron a este acto solemne, no que os primeiros trinta e catro membros desta organización comprometéronse a utilizar o galego no exercicio da súa profesión. Os promotores da Isaga, que xurde co apoio da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, pretenden impulsar unha corrente intelectual de compromiso coa cultura e a lingua do país. Vai facer un século (maio de 1916) que os irmáns Villar Ponte convocaron unha asemblea na Coruña para crear as Irmandades de Amigos da Fala, co mesmo obxectivo: fomentar o uso do galego nunha perspectiva máis amplia de rexenerar globalmente a Galicia. Despois de tanto tempo e tanta historia, seguimos nun punto semellante. O galego está en risco, e compre xenerar iniciativas para que siga presente na vida cotiá.

O galego e a saúde

A relación do médico co paciente non é unha cuestión técnica: é un encontro entre seres humanos. Nese encontro hai unha persoa que sufre e outra que ten recoñecida pola sociedade a capacidade para aliviar os seus males.

Apple e a obsolescencia programada

Un revolucionario da era dixital, un emprendedor sen límites, un líder visionario, un home xenial: non chegan os calificativos para destacar a figura de Steve Jobs, fundador de Apple (a empresa tecnolóxica que encabeza a valoración bursátil, por diante de IBM e Microsoft), que ven de perder a vida a unha idade moi precoz (56 anos) vítima dun cáncro de páncreas. César Alierta –presidente de Telefónica- afirma, con admiración: “Él era un foco de luz neste ecosistema que entre todos estamos impulsando para mellorar o benestar da sociedade”.
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.