Artigos de Pablo Vaamonde

A cultura galega e o Gaiás

Naqueles anos da abundancia, baixo o goberno de Fraga Iribarne comezaron a erguer os enormes edificios do monte Gaiás.

O dereito á educación

Nacín nunha casa sen libros. Os meus avós eran analfabetos funcionais. A escola pública foi para mín un territorio liberador, que me permitíu acceder á cultura e á formación. Naqueles escuros anos setenta o ensino público facilitou que moitos rapaces do rural tivésemos un destino distinto ao dos pais, lonxe da estada e da emigración. Coñezo de primeira man a importancia da educación como factor de equidade e integración. Os poderes públicos teñen a obriga de manter e mellorar o sistema público como elemento clave do Estado de benestar. Mais non é así. Os actuais gobernantes aplican con insania as súas políticas de recortes sobre os centros públicos mentres o ensino concertado tivo un incremento dun 30% de fondos nos últimos cinco anos. Asistimos a unha radical ruptura do pacto social que potenciou a emenxencia e o desenvolvemento dos servizos públicos de cobertura universal. Hoxe vemos como, desde propio poder, están a executar o seu desmantelamento.

Luzes para Galicia

A chegada de Núñez Feijóo á presidencia da Xunta de Galicia non foi unha boa noticia para o idioma, para as editoriais do país nin para os medios de comunicación en galego. A utilización do presunto “conflito linguïstico” como baza electoral alimentou un problema inexistente arredor do idioma, favorecendo unha confrontación artificiosa, innecesaria e prexudicial. Logo veu o tempo dos recortes e o goberno galego aplicouse con esmero: rebaixou drasticamente os orzamentos para a protección da lingua, para promover a industria editorial e para favorecer os medios de comunicación en galego.

O malestar da cultura galega

Na Coruña hai unha Praza do Libro que pode quedar sen librarías. A forte baixada das ventas foi a causa do peche da Libraría Nós, un referente na cidade que levaba aberta corenta anos. Á súa beira está a Libraría Couceiro, dedicada en exclusiva ao libro en galego; desde 1982 estivo rexentada por Carmiña Couceiro e Pepe Díaz que agora, chegada a idade da xubilación, vanse dedicar á lectura e a coidar da súa horta. Polo momento semella que atoparon relevo, pero esta mítica libraría tamén estivo a piques de pechar as portas.

A desigualdade humana

Hai unha preocupación crecente polo aumento da desigualdade humana en todo o mundo. Non se trata só da obscena distancia entre o mundo rico e o Terceiro Mundo: Sami Naïr (no seu libro “E virán as migraciones en tempos hostís”) afirma que a imparable inmigración débese á brutal desigualdade entre o Norte e o Sur; mais agora trátase de que nas sociedades occidentais medra unha terrible brecha, de forma que os moi ricos son cada vez ricos, mentres que unha enorme franxa da Humanidade cae cada vez máis aos límites da pobreza. Paul Krugman afirma nun artigo que a porcentaxe de riqueza do 0.1% con máis ingresos de EEUU volveu aos niveis da idade dourada de finais do século XIX.

A privatización sanitaria: o libre comercio e o Club Gertech

O sistema sanitario público está en perigo. O risco non está na pretendida insustentabilidade que pregoan os profetas ultraliberais (na acción pública sempre é sustentable aquelo que se quere sustentar). A auténtica ameaza son as políticas neocom que pretenden apoderarse dos orzamantos adicados aos servizos públicos.

Desabastecemento no hospital da Coruña

A Xunta de Persoal da área sanitaria da Coruña fixo público un escrito no que denuncia o “grave desabastecemento nos laboratorios do CHUAC”. Sinalan carencias no laboratorio de Hormonas, na área de Bioquímica (“falta de reactivo por desabastecemento do proveedor”, foi a resposta recibida polos médicos solicitantes) e mesmo no Servizo de Urxencias, provocando unha perigosa demora no diagnóstico dos pacientes.

A ameaza das áreas de Xestión Clínica

As Áreas de Xestión Clínica (AXC) promovidas polo goberno central representan, no caso de que cheguen a implantarse, un ataque contra o Sistema Sanitario Público e un serio risco para a súa sustentabilidade. Ademais contribúen a marxinar aínda máis á Atención Primaria (AP), en detrimento da equidade e a racionalidade do sistema.
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.