Artigos de Xaquin Campo Freire

Ecos e lembranzas na ausencia

Sempre escribimos e publicamos de persoeiros de grande sona. A nosa Galiza faise con persoas humildes coma "Picos", que ninguén coñece, pero son os que de verdade traballan e cambian o mundo. Para el o noso recoñecemento entrañábel.

Cadea perpetua revisábel?

!Viva la muerte! ¡Muera la inteligencia!, berrou contundente Millán Astray na Universidade de Salamanca. !Viva la vida!, retrucou Unamuno.

A lenda do "Cristo eléctrico" de Mandiá

0 23 de agosto de 2012 no Diario de Ferrol, na sección OPINIÓN, páxina 22, aparece esa fotografía da autoría de don Jorge Meis, acompañada desta breve nota: “CÁMARA VIAJERA. Cristo eléctrico. El crucifijo de la imagen lleva mucho tiempo en Mandiá. Quien lo haya puesto muestra, se intuye, la suficiente devoción como para utilizar un poste de la luz y la sujeción de la cajas eléctricas para fijarlo, como si de un moderno ≪cruceiro≫ se tratase. Más de un consagrado artista no lo hubiese, tal vez, hecho mejor.”

Santa Uxía de Mandiá 2012

Once de setembro. Imos ter festa. Quero achegar algo referente á nosa historia que vén de moi antigo. Somos “O Señorío de Mandiá” foi importante na Galiza. (Vila Mandilanis, O Casal de Mandila). Desta familia foron oriúndos dous célebres bispos: Don Rodrigo de Mandiáa e D. Xosé Francisco Bermúdez de Mandiá. O primeiro, un excelente xurista e o sobriño neto, un bo teólogo bíblico. Deixaron escritos moi importantes. A Enciclopedia Galega fálanos deles.

No verán as soidades aumentan

A soidade aniña sempre nas nosas propias contornas. Cando todo o mundo anda de praias ou vai de viaxe, parece unha obscenidade falar de sufrimentos ou do soas que fican moitas persoas fronte aos seus problemas máis vitais. Teoricamente estamos comunicados, e curiosamente, ao outro lado dun berro de axuda ou dunha conversa, non hai ninguén. Na época dos móbiles, ninguén descolga.

Nós non queremos ser galiñas...e moito menos azuis

Hai poucos días falei con Tilde. Contoume isto, con moita graza. Merece ser coñecido de todos nós. Cómpre reflexionarmos. Tilde é administrativa, acorda dos nenos e fala máis con eles, porque Xacinto traballa fóra.

Nos vazíos da noite

Hai poucos días lin un relato dunha avoa que acompañou a toda a familia nun longo proceso de cancro e quimioterapia do seu netiño de sete anos. Velaquí un retallo pequeno:

É hora de rebelarnos

Fun ao 25 de Xullo do 2012. Vou sendo maior e quero testar. Lego, como herdo sagrado, a lingua e cultura galegas. Mas non sei a quen deixarllas. Non vexo herdeiros. Nin todos os da familia. As últimas vontades son sagradas, se hai quen as respecte.
Xaquin Campo Freire Nado en San Xiao de Roca-Guitiriz, Lugo, en 1937. Licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria por Roma. ATS-DUE. Experto Universitario en Enfermaría Comunitaria e tamén en Urxencias e Coidados Itensivos. Diplomado en Coidados Paliativos. Traballou de enfermeiro no Hospital Marcide de Ferrol e no PAC de Fene. Foi capelán da Residencia de Anciáns de Piñeiros-Narón. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e Director da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa “Mons. Araúxo”. Membro das Sociedades Española e Galega de Xeriatría, do consello de redacción da Revista “Encrucillada", da Asociación de Escritores en Lingua Galega e participou con ponencias en diversos Congresos. Ten escrito numerosos artigos relacionados coa saúde. Leva varios anos exercendo un voluntariado no Cárcer de Teixeiro (A Coruña). Ten dous libros escritos. 1) A viuvez na Pastoral da Saúde. Un estudo sobre da viuvez na Galiza. 2) Ese que está no cárcer é meu irmán. Sobre a vida dos nosos reclusos e as súas familias, sen esquecer o problema das vítimas.