Artigos de Xaquin Campo Freire

A Covid e os cárceres: Que apodrezan todos aí!

Está xa próxima a festa de “A Mercé”. Así reza o lema: Ave, Sancta Mater captivorum omnium, et ora pro nobis”. A nosa Señora da Mercé é de moi antigo a Padroeira dos presos. Trinitarios, Mercedarios e redención de captivos. Diso xa fala Cervantes no Quixote.

Os máis desvalidos ante o mal do Covid-19

A medicina historicamente asentou fundamentalmente en catro clásicos actos médicos: inspección, palpación, percusión, auscultación. E eses tiñan de seren absolutamente persoais e presenciais por parte dos entendidos nesas artes do curar e coidar. Só en casos de imposibilidade física se podían recibir orientacións supletorias a distancia.

Como me doe a alma: choro por unha muller

Si. Dóeme a alma. Podía ser miña bisneta. Recorrín os cen kilómetros de Teixeiro a Ferrol nun continuo salouco. E estou escribindo e chorando. Que triste morrer no cárcere. “Ninguén a quería e decidiu acabar”, dixo con moita pena unha compañeira.

O señor presidente do Parlamento invita á Igrexa a incentivar o galego

«El presidente del Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, ha destacado la labor del eclesiástico orensano Manuel Vidal a favor del gallego al tiempo que ha invitado a la Iglesia a "seguir incentivando el uso de la lengua gallega en la liturgia" como "espacio también de cultura y de normalización". Vidal tuvo un "papel destacado" en las Imandades da Fala en Compostela (1916) y fue uno de los firmantes del manifiesto a favor del Estatuto de Autonomía de Galicia en 1932 Finalmente, ha destacado su carácter "comprometido con la lengua y con la cultura de Galicia». (FONTE: RELIGIÓN DIGITAL, Redacción, 06 de febreiro de 2018).

Cárcere a perpetuidade

Non. Non o direi eu mellor, nin con máis autoridade, nin con máis coñecemento de causa do que Xoán Antón Pérez Lema no artigo publicado en Galicia Confidencial. "Se é permanente non é revisábel. Se revisábel non é permanente. A PPR é un xeito de branquear semánticamente o que non é senón cárcere a perpetuidade".

Ti non o entendes, Miguel, porque nunca quixeches a ninguén

O título collino de ‘Arrugas’, un filme que vin un destes días pasados. E volvín ao mundo dos maiores no que sempre me vin moi implicado. Repasei os meus anos pasados: Asilo de Piñeiros, 10 anos. Fogar de Ancianos-Centro de día de S. Paulo de Catabois. 10 anos. Enfermeiro, 28 anos. Por eles me diplomei en Enfermería Xeriátrica e Xerontoloxía social. Si. Quero volver ao baúl dos recordos, para logo ir cara adiante.

San Xiao de Roca e a muller de pedra de Víctor Corral Castro

No ano 1999 tiven a sorte e a honra de participar nos “ENCONTROS DA TERRA CHÁ”, no Sant’Alberte de Parga. Alí agradecín publicamente ao artista Víctor Corral Castro, de Baamonde, un agasallo inmenso que nos fixo aos de Roca: A estatua da “MULLER DE PEDRA”, como lle din comunmente.

O galego é o idioma máis difícil do mundo

Chino, xaponés, húngaro, inglés, árabe, hebreu, ..., Nada que ver! Só os pobres e as crases populares son capaces del. Será que como están acostumados a traballar, de paso, tamén traballan o galego. Por iso o galego non viste. Pero resiste. Que vas esperar dunha lingua falada por campesiños, agricultores e labregos, por xentes do mar e peixeiros, por obreiros da construción e outros oficios manuais?
Xaquin Campo Freire Nado en San Xiao de Roca-Guitiriz, Lugo, en 1937. Licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria por Roma. ATS-DUE. Experto Universitario en Enfermaría Comunitaria e tamén en Urxencias e Coidados Itensivos. Diplomado en Coidados Paliativos. Traballou de enfermeiro no Hospital Marcide de Ferrol e no PAC de Fene. Foi capelán da Residencia de Anciáns de Piñeiros-Narón. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e Director da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa “Mons. Araúxo”. Membro das Sociedades Española e Galega de Xeriatría, do consello de redacción da Revista “Encrucillada", da Asociación de Escritores en Lingua Galega e participou con ponencias en diversos Congresos. Ten escrito numerosos artigos relacionados coa saúde. Leva varios anos exercendo un voluntariado no Cárcer de Teixeiro (A Coruña). Ten dous libros escritos. 1) A viuvez na Pastoral da Saúde. Un estudo sobre da viuvez na Galiza. 2) Ese que está no cárcer é meu irmán. Sobre a vida dos nosos reclusos e as súas familias, sen esquecer o problema das vítimas.