Artigos de Xaquin Campo Freire

A importancia da prevención

O mellor cárcere, o que mellor funciona, é aquel no que non nunca se entra, debido a que a sociedade actúa previamente na educación, sanidade, cohesión social, axuda familiar, solución adecuada de conflitos nos hábitat de cada grupo social. Cando se traballa adecuadamente na erradicación das diversas pobrezas, da violencia, da violación, dos desordes socias como poden seren as desestructuracións persoais, familiares, grupais, sociais, etc. Iso chámase prevención.

Rehabilitar. Reinserir. Resocializar

Dinos a Constitución (art. 25, § 2) “As penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán encamiñadas cara a reeducación e reinserción social e non poderán consistir en traballos forzados. (...) En todo caso, terá dereito a un traballo remunerado e aos beneficios correspondentes da Seguridade Social, así como ao acceso á cultura e ao desenrolo integral da súa personalidade”.

Aquel home xa non era ninguén

Convidáronme para participar activamente en dous actos diferentes que proximamente se van celebrar en Ferrol e Santiago e que teñen en común os nosos cárceres. Voulles dedicar unhas reflexións persoais en tres ou catro artigos curtos.

Para todas as nais botadas fóra dese día

Os meirandes parabéns para toda muller que é nai, que poida selo ou mesmo para aquela que nunca o será. Polo feito de seres muller, (vitalidade, di de ti a Biblia), todos os nosos respectos e felicitacións.

Moitas grazas, patriarca don Manuel Ladra

Contoume un paxariño que o día que ti te despediches, unhas plantas que lavaban contigo na Igrexa máis de quince anos, quixeron botarse fóra tras ti, cheas de morriña. Sen ti, elas xa non sabían vivir. E buscaron acubillo en mellores moradías que as soubesen apreciar desde outro clima máis amoroso, coma o que ti lles tiñas ofrecido.

Día da muller traballadora

Poderá haber algún día do ano e dos séculos dos séculos nos que a muller non estivese de cheo no traballo máis duro do mundo e nos quefaceres do máis esencial e existencial?.

Dos meus 50 anos de cada día

Con iso de que o 07-01-2013 se cumpren 50 anos da miña ordenación sacerdotal os que me queren ben andan a matinar como ‘facerme’ unha celebración. Aos amigos nunca se lles debe facer de menos ou dar de lado aos seus afectos que son sinceros e sanantes. Moitas grazas.

Ecos e lembranzas na ausencia

Sempre escribimos e publicamos de persoeiros de grande sona. A nosa Galiza faise con persoas humildes coma "Picos", que ninguén coñece, pero son os que de verdade traballan e cambian o mundo. Para el o noso recoñecemento entrañábel.
Xaquin Campo Freire Nado en San Xiao de Roca-Guitiriz, Lugo, en 1937. Licenciado en Teoloxía Pastoral Sanitaria por Roma. ATS-DUE. Experto Universitario en Enfermaría Comunitaria e tamén en Urxencias e Coidados Itensivos. Diplomado en Coidados Paliativos. Traballou de enfermeiro no Hospital Marcide de Ferrol e no PAC de Fene. Foi capelán da Residencia de Anciáns de Piñeiros-Narón. Na actualidade é director do Centro de Acompañamento e Relación de Axuda e Director da Escola de Saúde e Centro de Escoita Activa “Mons. Araúxo”. Membro das Sociedades Española e Galega de Xeriatría, do consello de redacción da Revista “Encrucillada", da Asociación de Escritores en Lingua Galega e participou con ponencias en diversos Congresos. Ten escrito numerosos artigos relacionados coa saúde. Leva varios anos exercendo un voluntariado no Cárcer de Teixeiro (A Coruña). Ten dous libros escritos. 1) A viuvez na Pastoral da Saúde. Un estudo sobre da viuvez na Galiza. 2) Ese que está no cárcer é meu irmán. Sobre a vida dos nosos reclusos e as súas familias, sen esquecer o problema das vítimas.