Artigos de Xurxo Borrazás

Franco, Beiras e o ouro do Anllóns

Hai uns días escribía X L Franco Grande un artigo en La Voz de Galicia que titulaba: Carta a X. M. Beiras, un artigo que comezaba coas palabras “Meu amigo”. Se eu fose Beiras xa me poría en garda. Cando alguén comeza unha columna así é que vén por nós, ademais de que estas Cartas a… sempre se lle dirixen ao inimigo.