Artigos de X.A. Pérez-Lema

O anticatalanismo primario

Sectores importantes da sociedade española, nomeadamente da madrileña (longamente beneficiada en renda e infraestruturas polo chamado efecto-sede) manteñen a respecto da periferia española, das realidades nacionais catalá, galega e vasca, unha relación de polos opostos, unha dialéctica de amigos contra inimigos, onde é imposíbel cooperar para gañar ti e gañar eu. Percébese nidiamente coa negación ao chamado dereito a decidir dos cataláns e percebímola tamén a respecto de Euskadi. Algúns dirían que esa dialéctica non existe a respecto de Galicia. Mais velaí temos feitos como a prohibición da construción naval civil até 2015, a desatención das nosas vocacións produtivas fronte ás mediterráneas, castelás e andaluzas dende 1985 ou mesmo a oposición, tinxida ás veces de falso paternalismo, a consolidarmos Nova Galicia Banco como oferta bancaria de noso ou a defendermos sectores empresariais galegos emerxentes, como o das enerxías renovábeis.

Violencia na rúa

Os graves incidentes violentos das últimas semanas obrigan a unha seria diagnose da situación. Que pasa por recoñecer que o grao de violencia na rúa non respostou, ate de agora, á gravísima situación social,económica e institucional e á tensión social que vive a maioría da poboación.

Adolfo Suárez

Dicirmos Adolfo Suárez é dicirmos transición política española. Xa que logo, os que por razóns xeracionais non vivimos conscientemente aquel proceso quizais poidamos xulgalo máis obxectivamente ca os seus protagonistas e coetáneos.

Madrid e a España cañí

Concordo coa avaliación do profesor Pereira Menaut, constitucionalista da USC, considerando fracasado o proxecto de recentralización desenvolvido ao longo de máis de vinte anos de felipismo e aznarato. Un proxecto que imaxinou un inmenso “hub”aéreo (lembran o billón de pesetas,con b de burro investidos na T-4?) en Madrid, centro dun sistema radial de estradas e alta velocidade, mentres os eixos ferroviario atlántico e cantábrico, fulcrais para os obxectivos galegos foron aparcados ou ralentizada a aínda non rematada Transcantábrica.

A (I) lóxica antisistema

Case todos estamos dacordo que, na Europa actual, està a avanzar un capitalismo financeiro que tende liquidar todos os avances sociais obtidos despois de 1945 (no Estado despois do 1977) e que posibilitaron, co Welfare State e co Estado social e democrático de Dereito, a meirande liberdade e calidade de vida obtida na historia contemporànea universal. Tamèn compre recoñecer que moitos partidos socialdemócratas europeos non foron quen a parar esta onda, senòn que mesmo contribuiron à mesma, como os Blair e Zapatero de cadansùas derradeiras etapas.

A forza das candidaturas abertas

Percorre a nosa sociedade a necesidade de acadarmos a transparencia do sistema de representación e máis a rexeneración das estruturas políticas, o que conleva precisamente a adopción das candidaturas abertas, a elección dos candidatos en primarias abertas á cidadanía e mesmo a adopción de mecanismos de control,como a posibilidade de que a cidadanía poida instar,na metade do mandato do cargo representativo correspondente, un referendo que confirme ou revogue ao cargo eleito para o resto do mandato.

O reino de Galicia

A historiografía española desenvolveu, dende mediados do século XIX, unha liña de relato motivado en razóns políticas que minusvaloraba a importancia da historia de Galicia, considerada mero apéndice, primeiro de Asturias e León, despois de Castela.

Medo á luz

De cativos algún tiñan medo á escuridade e de maiores todos temos medo á luz. Ou, para sermos máis exactos, á factura da enerxía, que constitúe un grave abuso canto á súa contía e transparencia.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.