Artigos de X.A. Pérez-Lema

O necesario comercio de proximidade

A importación do “black friday” é boa excusa para mirarmos cara ao noso comercio de proximidade e decatarnos do dano que sofriu tanto pola Grande Depresión como polas agresivas políticvs desenvolvidas polas Administracións.

O exemplo do noso derby

Vimos de desfrutar dun derby exemplar. Ningún incidente, milleiros de seareiros das dúas equipas partillando, réplicas do derby das equipas coruñesa e viguesa de xornalístas, avogados..

Sentidiño fronte á barbarie

“Veñen degolar os nosos fillos e as nosas mulleres… Ás armas, cidadáns”(“La Marselleise”).

Albert Rivera e Galicia

Ven de presentar Albert Rivera as súas propostas de reforma constitucional : supresión do Senado e asignación das súas competencias a unha Conferencia de Presidentes Autonómicos que terían voto ponderado dacordo con cadansúa poboación e con competencias no financiamento autonómico, supresión do Consello Xeral do Poder Xudicial e asignación das súas competencias ao Presidente do Tribunal Supremo, reforma electoral, redución das competencias autonòmicas e derrogación da cláusula que permite transferirlle ás autonomías competencias exclusivas do Estado, supresión das Deputacións e redución á coarta parte dos concello.

Feijóo no país dos ananos

Ao longo dos seis anos e medio do mandato de Feijóo como Presidente de Galicia asistimos á liquidación do noso subsistema financeiro (arestora temos un superávit de aforro de case 14.000 M€ que se inviste nos proxectos doutros) e da nosa industria eólica, que perdeu 4.000 dos seus 5.000 empregos.

A necesidade política da confluencia

Tres novas enquisas publicadas nos últimos días pola Sexta, ABC e La Razón prognostican que o PP e máis C´s quitarían maioría absoluta. Á vista destes catro anos e das propostas dos de Albert Rivera semella que enfrontaríamos novos tempos de sofrimento para os servizos públicos e os intereses das maiorías sociais, en xeral, mais tamén para o autogoberno e, con él, para as posibilidades de reactivación económica de Galicia.

Podemos e o factor nacional (I)

A Podemos hai que lle recoñecer varios méritos evidentes. Foron os primeiros que souberon ler a xeito as novas prioridades da axenda política que marcaron as mobilizaciòns do 15-M. Souberon repolitizar amplos sectores das capas medias dende a súa pedagoxía a respecto da relación entre corrupción, “casta política”· e gobernanza na crise económica. E recoñecen abertamente que o Estado español é un Estado plurinacional, cuestión certamente inèdita no contexto das distintas forzas de ámbito estatal.

A culpa foi do maquinista

O Xulgado de Instrución nº 3 de Compostela ven de rematar a instrución do accidente de Angrois, considerando única persoa presuntamente responsábel do sinistro ao maquinista do tren.
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.