Dende 1970 ata 1993, miles de toneladas de residuos radioactivos foron vertidas sen seguemento na fosa atlántica galega, confiando na dilución mariña. O silencio e a falta de estudos posteriores agochan un problema ambiental sen resolver, ao que non se lle volveu prestar atención. José Juste, asesor do Goberno español na Convención de Londres, explica como foi evolucionando a normativa sobre estas verteduras.
  comenta   0
Fíxoo nun acto institucional e unha xornada reivindicativa sindical no 'Día da Clase Obreira Galega'. Novamente división entre as centrais sindicais á hora de celebrar este día sinalado.
  comenta   0
Delegados da CIG concentráronse este xoves ante o Concello de Vigo como protesta polas trabas do goberno municipal á instalación dun monumento conmemorativo, sufragado polo sindicato, das loitas obreiras de 1972.
Máis dun centenar de persoas plantaron cara á choiva este xoves para lembrar o 50 aniversario da revolución dos Caraveis de Portugal.
Á convocatoria do Concello sumáronse os sindicatos CC.OO., UGT, MAS e USTG. O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, pediu "frear o abuso" da contratación a tempo parcial e fixa descontinua, algo do que culpou á última reforma laboral.
  comenta   0
Cando se fala do asociacionismo cultural galeguista en tempos do franquismo hai que reparar obrigatoriamente na Asociación Cultural de Vigo. Unha entidade que foi senlleira nun tempo nas as homónimas – “O Galo”, en Santiago; “Auriense”,en Ourense, “Amigos da Cultura”, en Pontevedra e “O Facho” na Coruña- tiñan unha programación excesivamente culturalista, de baixa intensidade.
  comenta   0