As especies resistentes aos antibióticos poden pasar ao torrente sanguíneo, o que aumenta o risco de que os pacientes sufran infeccións secundarias potencialmente mortais.
  comenta   0
Investigadores presentan os resultados detallados das análises que se fixeron da rede de augas da localidade muxián, onde se rexistraron até 115 casos de gastroenterite en outono pasado. A orixe da contaminación non puido ser resolta. Científicos do CRETUS preguntan se estariamos dispostos a usar auga reciclada.
  comenta   0
O Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia destaca que é importante utilizar lentes homologadas, evitar o vento nos ollos e prestar atención á poboación de risco.
  comenta   0
Científicos detectaron cianobacterias nun terzo das fontes de augas mineromedicinais que analizaron. Cren que as toxinas que liberan estarían detrás das crises termais que padecen algunhas persoas que se someten a balneoterapia.
  comenta   0
Máis da metade da poboación galega descoñece que as bacterias de boca e encías aumentan a probabilidade de sufrir problemas cardiovasculares, Alzheimer ou cancro.
  comenta   0
Un estudo científico do profesor galego Joaquín Triñanes evidencia unha relación entre o aumento da temperatura do mar e o incremento de infeccións no mundo por bacterias da familia vibrio. As zonas costeiras aptas para estes patóxeno poderían ampliarse este século, en todo o mundo, até 38.000 quilómetros. As rías galegas están servindo como campo de estudo para coñecer mellor a relación entre o cambio climático e as infeccións por vibrio.
  comenta   0
Unha investigación na que participou o CHUS revela por primeira vez os custos reais por paciente crítico ingresado por infeccións bacterianas e insiste na urxente necesidade de combater o problema global da resistencia aos antibióticos. A OMS alerta de que no ano 2050 haberá no mundo máis mortes relacionadas con infeccións causadas por superbacterias resistentes que por cancro.
  comenta   0
Procedeu ao baleirado de depósitos para a súa limpeza e desinfección e xestiona o abastecemento de auga embotellada. Sanidade segue a "investigación epidemiolóxica" por sospeita dun "brote de enfermidade de orixe alimentaria".
  comenta   0
Máis da metade dos casos rexistrados foron intoxicacións por histamina ou infeccións por moluscos mal cociñados. As medidas sanitarias aplicadas para paliar a Covid axudaron para controlar outras transmisións.
  comenta   0
As condicións climáticas e a vexetación do Noroeste Peninsular fan que este sexa un lugar idóneo para a presenza de carrachas, por iso é importante coñecer cales son os seus perigos e como actuar ante unha picada para previr enfermidades como o Lyme.
  comenta   1
Un seminario na Coruña estudará o impacto da covid sobre o comercio de proximidade, un debate que xa circulaba con anterioridade nos círculos expertos de economía.
  comenta   0
Está previsto telo operativo para finais de 2022. Na mesma xornada, o servizo de Microbioloxía do CHUF foi acredito como espazo para formar profesionais.
  comenta   0
Estes medicamentos utilizáronse de xeito inadecuado en máis dun terzo dos enfermos hospitalizados con coronavirus. Os expertos alertan de que este mal uso contribuirá a incrementar a resistencia aos antibióticos, unha das maiores ameazas globais para a saúde humana.
  comenta   0
Un estudo feito en Galicia evidencia que a poboación segue descoñecendo este problema global, considerado unha das maiores ameazas para a saúde mundial. Cada ano morren no mundo unhas 700.000 persoas pola resistencia aos antibióticos. En 2050, o número de mortos anuais pola perda de eficacia destes medicamentos podería ascender a 10 millóns. As autoridades sanitarias alertan de que o abuso na administración destas substancias durante a crise da covid-19 agravará o problema.
  comenta   0
"Os nosos resultados achegan evidencias de que o microbioma das augas residuais asociado con trastornos gastrointestinais parece preceder á detección do SARS-CoV-2 nestas auga" din desde o CSIC.
  comenta   0
Di que a "pestilencia" ten durado máis de dous días. A empresa Explotacións Gallegas, propietaria dos terreos da antiga mina de Touro, afirmou este venres que o plan logrou "unha importante recuperación" nos 20 anos.
  comenta   3
Ás veces, dicimos de alguén que está “de volta de todo”. Mais, cantas persoas están de volta dunha pandemia?
  comenta   0
Os ensaios realizáronse con "resultados prometedores" en ratos infectados coa bacteria Pseudomonas aeruginosa, unha das principais causas de pneumonía nosocomial, asociada a unha alta mortalidade. Na investigación participaron científicos do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), en colaboración con colegas da Universidade de Porto.
  comenta   2