Álvaro Gago, director da curtametraxe premiada internacionalmente "Matria", ten novo traballo: "16 de Decembro". Nesta entrevista con GC, o vigués repasa a fondo temas como as características da súa obra, facer cinema na era tecnolóxica ou a influencia dos festivais para o prestixio dos cineastas.
  comenta   0
As forzas de seguridade buscan a unha moza de 17 anos de idade, Marta P.M., cuxa familia denunciou a súa desaparición, e da que non se coñece o seu paradoiro desde o pasado fin de semana, cando falou co seu pai e díxolle que ía a un concerto que se celebrou no barrio vigués de Coia.
Todos os grandes clubes españóis e a maior parte dos europeos teñen estadios en propiedade, forma parte da fortaleza da institución, dos activos, dalle solidez e prestixio ao clube do que se trate e permitelle medrar, na Europa actual a fortaleza dos clubes deportivos, moi particularmente dos clubes de futbol marca a importancia da cidade, ter un estadio municipal é sintoma de fraqueza, ninguén imaxina ao Real Madrid, ao FC Barcelona, ao Atlético de Madrid, o Valencia, o Sevilla ou ao Athletic de Bilbao xogando nun estadio municipal.
  comenta   0
A través deste mapa interactivo podes coñecer os emprazamentos das grandes mobilizacións de Vigo dos últimos 40 anos, dende as mobilizacións por mor da Sanidade ata a folga de 1972, pasando polas mobilizacións do barrio de Coia ou polas preferentes.
Señor Caballero: Como alcalde de Vigo o seu deber é situar á cidade nunha posición destacada neste século XXI, non retrotraela ao XIX; e para iso non chega con engadir unha palabriña en inglés ao nome da tarxeta de transporte público.
  comenta   3
O policía local de Vigo que mantiña a denuncia retirouna na véspera da data do xuízo oral. A Fiscalía xa retirara a acusación con anterioridade.
  comenta   1
É católico practicante, con tres fillos e con anos de servizo á comunidade e os máis desfavorecidos en Coia (Vigo). Está condenado a tres anos e medio de prisión e pagar 30.000 euros por ter mancado a un policía, algo que nega con rotundidade. “Nunca fixen tal e xa lle pedín que conte a verdade”, asegura. Agora só lle toca “resistir”, como di, para evitar ir á cadea.
  comenta   3