O Concello de Monforte celebra o seu día grande do Entroido 2025 este martes 4 de marzo. O gran Desfile e Concurso de Comparsas e Disfraces sairá ás 17:00 h. da Praza da Estación e o destino final será a Praza da Compañía, lugar onde se informará dos premios con festa final incluída.
O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras do Entroido de Carguizoi da man de Manuel, o 'alcalde' da aldea, así nomeado de broma polos veciños, que nos conta as novidades deste ano, no que ademais de Felo e Fiadeiro houbo tamén a representación do Reinado.
  comenta   0
O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras recuperadas do Entroido de Mugares da man de Roberto, o presidente da asociación cultural organizadora, que nos conta as novidades deste ano, no que ademais de Mazarucos, Señoritas e Labardeiros haberá tamén representación das Comedias.
  comenta   0
O GC continúa a semana grande do Entroido coñecendo as figuras recuperadas do Entroido de Salcedo da man de Lucas, o presidente da Asociación de Veciños, que nos conta todos os segredos que agocha esta celebración, cada ano máis exitosa.
  comenta   0
O Colexio de Ópticos Optometristas de Galicia alerta de que unha lente de contacto inadecuada para o ollo, que se manipule incorrectamente ou que non se coide da maneira adecuada, pode provocar a longo prazo conxuntivite, queratite ou erosións epiteliais.
  comenta   0
O GC comeza a semana grande do Entroido coñecendo as curiosidades do Entroido de Budián da man de Lucas, unha das persoas implicada na recuperación desta festividade, que logrou volver celebrarse no ano 2021, despois de máis de 65 anos esquecida.
  comenta   0
Unha declaración de intencións da titular de Turismo, Cultura e Festexos tras presentar a programación oficial do Entroido 2025, unha cita que volverá destacar pola música en directo e a variedade de actividades para todos os públicos.
  comenta   0
Entre eles atópanse dez disfraces, catro máscaras e antefaces, nove coroas e diademas, nove xoguetes de distinto tipo (pistolas, faroliños, accesorios, etc.) e unha perruca.
  comenta   0
As rúas da cidade do Cabe por onde transcorreu o desfile enchéronse de xente para gozar co espectáculo que ofreceron as 1200 persoas inscritas no Concurso de Comparsas e Disfraces deste 2024. O montante económico destinado este ano en premios foi de 21.000 €.
O 'meco' abrirá as festas este sábado, día 10, cun percorrido polas rúas de Compostela (desde a Praza de Cervantes) para quedar instalado no balcón do Pazo de Bendaña, onde permanecerá ata o día 14, cando será queimado na Praza Roxa.
  comenta   0
Será o domingo 4 de febreiro ás 17:00 horas no Multiusos Terra do Queixo e contará con máis de dous mil euros en premios para repartir entre catro categorías. O certame conta cunha gran participación e xente chegada de todos os puntos de Galicia.
  comenta   0