Trátase de iniciativas nas que cooperaron centros tecnolóxicos como Cetmar, Gradiant, Energylab ou Anfaco-Cecopesca, e que permiten ao sector pesqueiro adaptarse "aos retos presentes e futuros".
A Xunta presentou este mércores a Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, da que forman parte as Consellerías de Economía, Industria e Innovación e de Sanidade, así como a Amtega, as tres universidades galegas e varios centros tecnolóxicos, e que ten como finalidade establecer unha rede de colaboración para facilitar o desenvolvemento e liderado galego neste ámbito.
  comenta   0
Máis de 270 profesionais visitan o espazo expositivo galego e os seus produtos e servizos reciben 120 "demostracións de interese".
  comenta   0
Un xulgado vigués investiga ao presidente da CEP, Jorge Cebreiros, ao directivo de Televés José Luis Fernández e o ex director xeral de Innovación da Xunta, Manuel Varela, por suposta prevaricación. Pescuda proxectos con Gradiant por máis de tres millóns de euros. Os investigados acusan a un antigo alto cargo destituído da entidade.
  comenta   0
O proxecto, baseado en tecnoloxías da información e da comunicación, é impulsado por un consorcio formado por Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) e as empresas Conexiona Telecom e Ictel Ingenieros, co apoio de Gradiant.
  comenta   0
O eHealth Joint Knowledge Centre (eJKC), a Unidade Mixta de Investigación formada por Gradiant -o Centro Tecnolóxico TIC de Galicia- e Everis -consultoría tecnolóxica do grupo NTT Data-, coa colaboración da Fundación Ramón Domínguez, presentou este mércores os resultados das súas innovacións tecnolóxicas no ámbito da eSaúde e avanzou os seus obxectivos futuro.
  comenta   0
O Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) impulsan a súa creación.
  comenta   0
O centro tecnolóxico vigués e ElevenPaths asinan acordo marco polo que colaborarán na innovación e desenvolvemento de iniciativas e proxectos tecnolóxicos centrados nos campos da seguridade, a privacidade e a ciberseguridade.
  comenta   0