Miguel toca a gaita no arco da catedral, entrada á praza do Obradoiro. El descóbrenos algúns aspectos que moitas persoas ignoran das persoas que tocan neste lugar, mesmo composteláns de toda a vida. A súa é unha opción vocacional e de aposta polo que lle gusta. Con el podemos achegarnos e observar algunhas partes daquilo que está agachado detrás destes artistas.
  comenta   0
Agora, regresa baixo o pseudónimo de 'O Chapulín só', un proxecto acústico co que ofrecerá temas novos e de sempre sen perder de vista a "alegría, loita e compromiso" que caracteriza a súa música, como reflicte un comunicado dos promotores dos concertos.
  comenta   0
O MUMI (Músicas no Minho) é un encontro do 9 ao 11 de setembro onde os profesionais da música, as persoas que viven desta arte nunha e noutra banda do Miño, poderán compartillar experiencias e crear intercambios profesionais. Será un espazo aberto ao público mais tamén alí onde se comunicarán dous mundos musicais que até o de agora non deran co lugar para facelo.