Ofrecemos unhas novas receitas que de seguro serán unha boa alternativa á comida chatarra ou á sempiterna pasta con tomate e ovo e demáis ideas de primeira man. En tal caso, buscamos que teñades os ingredientes a man e que sexan do máis barato posible. Por iso, os ingredientes son orientativos, podedes substituír por outros que teñades máis a man.
  comenta   0
O tempo da corentena chegou e canda el a posibilidade de reconciliármonos coa cociña, os cazos, as cuncas, os pratos e poñer a mesa. Para que iso resulte atractivo, iremos ofrecendo unhas receitas doadas de facer, mesmo con ingredientes que se pode mercar a prezo ben barato. Aviso: non teñen por que ser exactamente os produtos sinalados, sempre se poden substituír por outros parecidos.
  comenta   0