O reconto do voto emigrante xa finalizou na provincia de Ourense e, aínda que era a única na que podería variar un escano, confírmase que a repartición de actas manterase en idénticos termos á noite electoral: o PPdeG contará cunha maioría absoluta de 40 deputados no Pazo do Hórreo, fronte a 25 do BNG, nove do PSdeG e un de Democracia Ourensana (DO).
  comenta   0
O resultado electoral do pasado domingo 18 de febreiro deixou un ascenso inédito do nacionalismo que, non entanto, non logrou o obxectivo marcado de conseguir un cambio de goberno na Xunta, xa que o PP revalidou con 40 deputados e un crecemento en votos e porcentaxe (+ 0,6 %).
  comenta   0
O país que máis votos emite é Arxentina, con case 7.800 votantes, sendo a provincia da Coruña a maior destinataria, con algo máis de 2.700, seguida de Pontevedra cuns 2.400. Por detrás sitúanse Lugo e Ourense, cuns 1.300 cada unha.
  comenta   0
A Fraga non lle deron as contas en 2005 cando agardaba que o voto emigrante lle dera o escano 38. Un escano que si lle quitou a Feijóo en 2009 para quedar coa maioría absoluta raspada.
  comenta   0
A Xunta informará este domingo en catro comparecencias do desenvolvemento, os datos de participación e os resultados das eleccións ao Parlamento de Galicia convocadas para este domingo.
  comenta   0
Hai un aumento do voto con respecto ás xerais do 23X. O resultado das galegas podería non coñecerse ata unha semana despois se depende da emigración. O escrutinio de sufraxios da emigración, que pode votar en urna ata este xoves, empezará o 26 de febreiro.
  comenta   0
Os votos que se depositen nas eleccións xerais deste domingo serán obxecto dun dobre reconto: primeiro nas mesas electorais nada máis pecharse os colexios e, a partir do venres, 28 de xullo, procederase a un escrutinio xeral nas xuntas electorais provinciais, incluíndo xa as papeletas enviadas desde o estranxeiro.
  comenta   0
A reforma permite descargar papeletas, habilita máis centros para votar en urna e dá máis tempo de votación e para o reconto.
  comenta   0
As eleccións do 2020 teñen moito que ver coas de 1997. Entón Fraga acadou marcas históricas fronte a outro resultado histórico do BNG. E, como nestes comicios, o voto emigrante foi decisivo para establecer marcas electorais.
  comenta   4
Rueda pide que "chegue a tempo" para o escrutinio xa que o PP podería recuperar un escano por Pontevedra en prexuízo do PSdeG.
  comenta   0
Os socialistas conseguen o último escano de Pontevedra e suman 15 parlamentarios, un máis que hai catro anos. Pero o resultado final dependerá do voto dos residentes ausentes.
As restricións de cada país complican os desprazamentos e o funcionamento dos servizos de correos, polo que se agarda unha "moi baixa participación" dende o exterior para o vindeiro 12-X.
  comenta   0
A Junta Electoral Central deberá pronunciarse a petición da Xunta sobre o voto CERA tras retirar a súa consulta a oficina do censo.
  comenta   1
Sobre os problemas sanitarios noutros países e a imposibilidade de poder votar en condicións di que "é un risco que non se pode evitar".
  comenta   1
Denuncian que na gran maioría dos países de América hai grandes restricións e problemas polo coronavirus, especialmente, en países como Brasil ou México.
  comenta   1
A cifra de electores asume a foto da Galicia 'baleira' e na comunidade hai case tantos de máis de 85 anos como de entre 18 e 24.
  comenta   0
En Común Unidas Podemos é a terceira forza preferida entre os emigrantes, Vox o cuarto partido, Ciudadanos o quinto, e despois o BNG, Pacma e Más País.
  comenta   0
Són máis de 2,2 millóns os galegos chamados ás urnas este domingo. Haberá máis de 7.045 axentes de diferentes corpos de seguridade mobilizados.
  comenta   0
Os electores que viven no estranxeiro denuncian trabas para poder votar. Lentitude, desidia e desbordamento son algúns cualificativos para describir a situación dos consulados españois. Galegos que viven en Irlanda, Reino Unido ou os EE.UU. denuncian auténticas "odiseas" para poder votar. Hai quen opta por viaxar desde o estranxeiro á súa cidade e concello para exercer o seu dereito eleitoral.
  comenta   0