Aumenta un 20% a participación que tamén favoreceu ao PP

Houbo un 67,24 por cento de participacin, case 20 puntos por encima de 2020.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2024 | Actualizada ás 22:27

Comparte esta noticia

Galicia rexistra, co 87,1 por cento escrutado, unha participación do 67,24 por cento nas eleccións ao Parlamento deste 2024, unha cifra que está case 20 puntos por encima da rexistrada nos comicios de 2020, marcados pola pandemia, e nos que votaron o 48,97% dos electores. En 2016, esta porcentaxe fora do 53,63%.

Un home exerce o seu dereito a voto, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a 18 de febreiro de 2024, en Santiago de Compostela
Un home exerce o seu dereito a voto, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), a 18 de febreiro de 2024, en Santiago de Compostela | Fonte: César Argina - Europa Press

Curiosamente, esa activación da participación, que xeralmente é de esquerdas, non lle afectou para nada ao PPdeG, que ten unha maioría absoluta suficiente. Polo tanto, parte desa participación foron votantes do PPdeG. Por provincias, coa porcentaxe de voto escrutado ata o momento, na Coruña votou un 65,84%; en Lugo, o 69,82%; en Ourense, 68,75%; e en Pontevedra, o 67,24%.

DATOS

En total, o censo electoral para estas eleccións á Cámara galega ascende a 2.693.633 persoas, xa que aos máis de 2,2 millóns de electores censados en Galicia, hai que sumarlle os 476.544 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA). Destes últimos, finalmente votaron 29.300, o que supón o 6,15% do total.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta