Rematou o 2023, ano no que esta coñecida marca galega cumpriu dúas décadas. Co gallo desa efeméride Galaxia publicou o libro “Antes molabamos máis”, publicación que resume a historia deste proxecto. Falamos con Pablo, unha das tres patas de Reizentolo.
  comenta   0
Calviño regala unha bomboneira de Sargadelos a Suecia no traspaso de funcións da presidencia española da UE.
  comenta   0
A maior investigación con técnicas xeofísicas dun castro en Galicia, o de de Rueta (Cervo), sacou á luz interesantes achádegos. Tras a limpeza e o varrido con magnetómetro e xeorradar saíu a luz un castro cunhas impoñentes murallas, un promontorio fortificado e indicios dunha sauna e dun gran forno.
Apuntaron que mobilizaron ao Salvamar Sargadelos e ao helicóptero Pesca I, para tratar de pescudar a posible orixe destas manchas.
  comenta   0
Foi patrocinada pola Galería Sargadelos e puido verse en Barcelona do 17 de maio ao 17 de xuño.
  comenta   0
Un manifesto denuncia "pasividade" da administración nos trámites para a súa declaración como BIC, que o alcalde de Sada, asinante do texto, espera que se materialice este ano. O espazo alberga un dos fondos máis importantes da pintura galega contemporánea, con obras de autores como Castelao, Laxeiro, Urbano Lugrís ou Luís Seoane.
  comenta   0
Máis de 500 pezas dixitalizadas pódense revisar, xunto con outros materiais audiovisuais, na páxina web da Cidade da Cultura
  comenta   0
Román Rodríguez di que a Xunta decidiu saír do padroado, a pesar de anuncialo pouco antes, para evitar un "uso partidista" da contratación de Eva Cárdenas.
  comenta   0
O libro apunta aspectos como aqueles relacionados coa actividade artística e política, especialmente aquela realizada no exilio con creadores como Luís Seoane.
  comenta   0
Unha exposición recupera a memoria do intelectual galeguista como impulsor do libro en galego a través da editora Ediciós do Castro.
  comenta   0
Sargadelos podería poñer á fronte do proxecto do grupo empresarial á executiva do téxtil a exresponsable de Zara Home. Tras varias visitas ao complexo de Cervo saltaron todos os rumores.
Esta iniciativa súmase á exposición polo centenario do nacemento do impulsor de Sargadelos, que leva máis de 5.000 visitas.
  comenta   0
O Museo do Pobo Galego inaugura unha mostra con obra miúda de Isaac Díaz Pardo sen axudas institucionais e organizada pola Oficina de Socios e Socias da entidade.
  comenta   0
Pódese coñecer a intrashistoria do Laboratorio de Formas, de Cerámicas de Sargadelos e do Museo Carlos Maside.
O Xornal da Mariña inicia unha serie xornalística con motivo do cincuenta aniversario da fábrica cervense. A primeira peza é unha entrevista a Xosé Vizoso Fernandez, ilustrador, deseñador e cartelista de Sargadelos. "Todo o mundo levaba como bandeira traballar alí", di.
O Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) afectará practicamente á totalidade do persoal das súas fábricas de Cervo e Sada. As dúas factorías do grupo empresarial suman arredor de 210 traballadoras.
Sargadelos presenta ‘Brétema’ como o “primeiro gran perfume galego”. Venderase nun botixo de porcelana marca da casa.
A figura tratábase dunha reinterpretación de Eva e foi tinguida parcialmente de rosa, segundo informa a entidade nun comunicado, polo que se trata "dunha peza única" de coleccionista.
  comenta   0
Quin Fariña e Guadi Galego falan nesta entrevista de‘Hepta’, o disco que Berrogüeto forxou na Casa da Administración e as ruínas das antigas fábricas de Sargadelos. A portada e a arte do disco, que contou coa sinatura do artista Georges Rousse.
O alto tribunal estima as demandas de UGT e Rogelia Mariña, a sindicalista destituída na fábrica de Cervo, e impón á firma e ao máximo accionista unha indemnización de 25.000 euros.
En certa ocasión fun convidado a visitar as instalacións da Escola de Negocios dunha entidade financieira xa desaparecida. Cando chegamos ao aulario, o director do centro quixo que reparase que todas as aulas estaban dedicadas a coñecidos empresarios e teóricos da ciencia económica.
  comenta   0
Rogelia Mariña, que volveu á fábrica no 2018 tras unha sentenza ao seu favor, foi sinalada polo máximo accionista e destituída polas súas propias compañeiras no pasado verán.
Contábame Díaz Pardo unha anécdota que lle pasara con Ánxel Fole de protagonista cando se inaugurara o Laboratorio de Formas de Galicia. Ocorréraselle a Isaac levar ao acto ao Gobernador de Lugo; nunca tal fixera!. Cando llelo foi presentando aos convidados, que o saudaban con in-disimulada frialdade protocolaria, Ánxel Fole, estendéulle a mana ao tempo que lle dicía co seu aquel retranqueiro: “A Gobernadores civiles he conocido yo a muchos, si señor!”.E sen máis, déulle as costas deixándoo desconcertado.
  comenta   0
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), como organizadora do acto, decidiu prescindir destes presentes pola "hostilidade" da empresa cos seus empregados.
A central reivindica o sindicalismo e o traballo da súa ex delegada Rogelia Mariña, sinalada polo máximo accionista da fábrica e destituída polas súas compañeiras nunha asemblea de persoal.
Xuventudes e secretario xeral estarán na protesta convocada para o vindeiro venres "contra o acoso sindical", mentres 50 traballadoras piden á central que "non complique a situación".
O xuíz entende que o "dereito á liberdade de expresión" ampara as "críticas" do conselleiro delegado á ex delegada de UGT, que recorrerá a sentenza. A sindicalista ameazara con impugnar os contratos das traballadoras que entraran no último ano e medio, ao entender que non cumprían o convenio laboral.
A dirección di que a inclusión das súas pezas no catálogo do museo estadounidense "é un orgullo para a empresa e para Galicia".
Os servizos xurídicos da empresa e os das cinco traballadoras cesadas pola firma non chegaron a un acordo no acto de conciliación convocado tralos despedimentos.
"No século XXI non pode haber un sistema empresarial do século XIX. Esiximos normalidade e que non haxa coaccións aos traballadores por métodos trasnoitados", destaca o sindicato.
  comenta   0
A dirección de Sargadelos e alomenos catro obreiras das 23 que foron despedidas durante o conflito laboral entre a empresa e a delegada sindical da Unión Xeral de Traballadores (UXT) están citados ante o Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) o venres 28 de setembro.
“Estou orgullosa de que me revocasen por suxerir que defendería ás traballadoras“ di Rogelia Mariña.
A UGT insta á Xunta de Galicia “a actuar neste asunto" tras o anuncio da dirección de fechar a empresa senón aceptan despidos. A central sindical lembra que “hai uns dereitos laborais vixentes e dúas saídas: cumprir a lei ou marchar”.
As negociacións están rotas. Os traballadores votarán sobre a revogación dunha sindicalista e a dirección avisa que "se non se soluciona o conflito péchase a empresa".
  comenta   2