"Unha rúa co nome de Xosé Vizoso é unha homenaxe a quen deixou un gran legado en Cervo"
A Asociación A Fervenza presentou a iniciativa de dedicarlle unha rúa ao deseñador e artista vinculado a Sargadelos e a Cervo, Xosé Vizoso. Xa se presentou a petición ao Concello de Cervo e toca agora ver cal será a decisión.