Rolda de prensa do Partido Galego para as eleccións do Parlamento Europeo 2024/ Partido Galego

O Partido Galego denuncia "deficiencias no proceso de votación" para os galegos emigrados

Eleccións

A candidata Olga Dourado González esixe solucións inmediatas para garantir o dereito ao voto dos emigrantes galegos nas eleccións do Parlamento Europeo.

De cara ás eleccións ao Parlamento Europeo 2024, o Partido Galego lanza unha firme demanda para garantir os dereitos dos electores galegos residentes no estranxeiro. En declaracións recentes, o partido destacou serias deficiencias no proceso de votación nos consulados, especialmente sinalando a falta de papeletas dispoñibles para votar con garantías.
"Temos constancia de que en varios consulados, incluíndo o de Zurich (Suíza), non se dispoñen de papeletas adecuadas para os electores. En lugar diso, preséntase unha mostra das papeletas nunha especie de "vitrina expositora", recomendando aos votantes que descarguen as papeletas de internet e as fotocopien" indican dende o partido. Denuncian a "clara contraposición coa lexislación vixente" explicando que os consulados son espazos da competencia do Estado, que ten a responsabilidade de garantir o proceso de votación normalizado e sen irregularidades. A situación é especialmente preocupante, segundo o Partido Galego, porque "evidencia unha discriminación respecto dos migrantes doutros países que exercen o seu dereito a voto nos consulados do Estado Español sen inconvenientes", afirman. Ademais, o partido critica a falta de mecanismos adecuados para a inscrición no Rexistro de Matrícula Consular e no Censo de Electores de Residentes Ausentes (CERA). Sinalan que os actuais procesos son "complexos e cheos de obstáculos", dificultando a participación electoral dos emigrantes.

Unha candidata de Podemos tentará romper a hexemonía que o PP ten na Teixeira desde 1995

Eleccións - 02 Maio 2023

A lista estará encabezada por Mercedes Martínez Modroño, membro do Consello de Coordinación autonómica de Podemos.

En Marea podería arrebatar un deputado ao PSOE na Coruña

Eleccións - 26 Xuño 2016

Este sería o único cambio no país este 26X respecto aos resultados do 20D.

“Ourense en Común e moitos proxectos locais somos froito do 15M”

Eleccións - 15 Maio 2015

“Falan de de traballo pero tras anos de goberno temos precariedade e pobreza”. Esta é a denuncia de Miguel Doval, candidato de Ourense en Común tras unhas primarias que convulsionaron esta 'marea', que, aínda as,í pode ser clave para impedir que o PP goberne nun Concello que “non pode ser un circo nin a antesala dos xulgados”. Doval indica nesta entrevista que as diferencias con Podemos e Anova son "mínimas".

Yolanda Díaz comeza a liderar a oposición a Feijóo

Eleccións - 05 Novembro 2012

"Compracencia ningunha, dureza toda", di sobre as críticas do presidente galego á oposición de AGE. A líder de EU insiste en que esta coalición está para "quedar" no Parlamento.

Feijóo teme a oposición de AGE

Eleccións - 03 Novembro 2012

Denuncia que os líderes deste coalición utilizan unha "violencia verbal non admisible" e avanza que no 2013 e 2014 a situación en Galicia seguirá sendo "complicada".

ES pide a dimisión de Vázquez e dos cargos orgánicos

Eleccións - 31 Outubro 2012

Esta corrente do PSdeG entende que é o "único xeito de rexenerar" este partido e de volver recuperar a confianza dos cidadáns. Tamén defende a creación dunha "ampla fronte progresista".

O BNG de Ourense renóvase tras o caso Pokémon

Eleccións - 30 Outubro 2012

Isabel Pérez e Marta Arribas deixan as súas actas. Antes xa o fixera Fernando Varela tras a súa implicación neste caso. A decisión adoptouse para seguir na oposición

O PSdeG baixou pola división da esquerda, segundo Rubalcaba

Eleccións - 29 Outubro 2012

O líder do PSOE suliña que, ao presentarse tantas forzas de esquerda, o electorado non visualizou un "goberno alternativo".



As eleccións do 21-O de 2012

ELECCIÓNS GALEGAS

Resultados de 2009

FORMACIÓN ESCANOS
PP 38
PSdeG 25
BNG 12
tarta

¿Que se está a cocer?