Artigos de Enrique Castro

A imaxe de Compostela cae en picado

Santiago de Compostela, Capital de Galicia foi noticia día si e día tamén durante este ano. Esa imaxe de Cidade Patrimonio da Humanidade, Capital Cultural europea, a excelencia que esa “Rosa de Pedra” conferiunos, con ese halo carismático que sempre a rodeou, caeuse. Quen son os responsables? A continuación vou expresar a algúns responsables que na miña opinión deixaron “pegada” e reparala, vai supor algo máis que un exercicio de imaxinación.

Escoitan as administracións aos cidadáns? Caso práctico: A parada do autobús.

Non leo apenas a prensa e vexo aínda menos os noticiarios da TV's, irrítanme, ponme de mal humor. Que se hai máis de 6.000.000 de parados, que se determinado político conseguiu pillar moitos millóns de euros roubando, que se o Monarca ten a unha amante, que se están desahuciando a xente, que se van recortar as prestacións por desemprego, que se van aumentar a idade de xubilación, que se van realizar máis recortes sociais, que se o actual Presidente da Xunta de Galicia é amigo de narcotraficantes... En definitiva, fálase nos grandes medios de comunicación de cousas, que nos afectan a todos, pero ás veces esquecémonos das pequenas cousas do día a día, que tamén son moi importantes. Por exemplo, coller o autobús. Un Servizo Público esencial, como o son a Sanidade, a Educación, a Cultura.

Falsas Primarias

Falsas Primarias foi e é o resultado da reunión entre Rubalcaba e Pachi Vázquez. Ao final adoptouse un mecanismo, moi lonxe daquel no que soamente unha vez entrouse (Primarias Borrell -Almúnia) .

Orozco, Baltar, Currás e outras imputacións do mogollón

Galicia é un lugar onde todo cambia para que todo siga exactamente igual que sempre. Como demostración do que digo é que acabou o 2012 e iníciase o 2013 igual que empezou. Toda unha serie de políticos pelexándose entre eles, con sombras de imputación, sospeita, corrupción...mentres tanto hai máis de 250.000 desempregados. Pero, eu son un ignorante e como tal, recoméndolles que non deberían ler estas liñas.

Pedir perdón...

O Neo Liberalismo conservador non soamente venceu no terreo da política, nas urnas, nos procesos electorais. Tamén venceu na conformación da condición humana.

A influencia da comunicación política na rede

Cando xurdiu a comunicación política persoal en Internet, alá polo 2004, coa proliferación de weblogs persoais, moitos nos atrevemos a prognosticar novos paradigmas. Un deles “o fin do monopolio das industrias da información”. A situación é que 8 anos máis tarde, a realidade dista moito da ficción que prognosticamos.

Como analizar os resultados do 21-O

Ben, o 21 de Outubro concluíu e o resultado é obvio. O PP logrou maioría absoluta con menos votos que no 2009, (máis de cen mil votos menos) mobilizando ao seu electorado (legal e ilegalmente). Agora agárdanos 4 anos máis onde “Galicia, foi e é un lugar onde todo cambia para que todo siga exactamente igual que sempre”.