Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2025 | Actualizada ás 20:16
A directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, dimite tras 12 anos no posto, do que tomou posesión o 1 de febreiro de 2013. O cesamento, que adianta 'El Correo Gallego', será ratificado este luns ao Consello da Xunta e publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG). Martínez Ínsua foi a asinante do informe de Patrimonio Cultural para o proxecto que a multinacional lusa Altri quere instalar en Palas de Rei.
No documento a Xunta propón converter a cheminea de 75 metros de Altri en "unha icona" coa súa cor --fixa tons como o verde, marrón ou gris que "se mimeticen coa contorna"--, a súa forma e a través de "incorporar elementos decorativos ou artísticos que a convertan nun elemento icónico en lugar dunha intrusión visual". María del Carmen Martínez é funcionaria dos corpos Superior da Administración da Xunta e de Xestión da Xunta, desde 1993. Iniciou a súa carreira administrativa na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas e, entre outros cargos, tamén formou parte da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.