Carme Martínez Insua asinou o documento o mesmo día que cesou. O informe resolve non autorizar o trazado modificado proposto para o tramo entre O Milladoiro e a Estación Intermodal
O BNG pide a substitución do vicepresidente, Rafa Domínguez, pola súa "incapacidade" para xestionar as obras do Museo
  comenta   0
Trátase dunha torre fortaleza construída ao redor do século XV e foi residencia do xuíz da Terra de Camba e Rodeiro e lugar de recollida de rendas con función de tulla.
  comenta   0
Esta artista, unha das voces máis fresca da nova música galega, reflexiona sobre a identidade, a industria musical galega e o legado das nosas cantareiras.
  comenta   0
A etnomusicóloga e activista Xulia Feixoo defende que a música tradicional foi a columna vertebral da vida galega e celebra que hoxe haxa unha boa masa de xente nova interesada en seguir turrando dela, pero tamén defende que este recoñecemento ás cantareiras "debe ir máis aló do xesto e entenderse como parte dun sistema colectivo e vivo".
  comenta   0
A antropóloga social e cultural, investigadora, profesora e activista defende que o recoñecemento do patrimonio oral debe ir acompañado de investimento, respecto e coidado e non quedarse só reducido a unha icona co gallo das Letras Galegas.
  comenta   0
Fiscalía acusa a Ángel García Seoane e ao arquitecto municipal de actuar á marxe da lei ao derrubar un inmoble catalogado
Esixe a rectificación pública do nacionalista Luís Bará por asegurar que a Xunta non facilitaba información sobre o proceso de Altri.
  comenta   1
O músico, compositor e investigador da música tradicional galega lembra o labor silencioso das cantareiras e chama a recoñecer o patrimonio que "nos constrúe como pobo". "Aquel canto das avoas era o noso espírito", comenta, visiblemente emocionado.
  comenta   0
A igrexa galega rexistrou un total de 8.119 bautizos e 9.574 comuñóns ao longo do ano 2023, exercicio no que había un total de 1.145 sacerdotes na nosa terra.
  comenta   0
"Galicia converteuse para o eucalipto nunha romaría que leva celebrándose dende hai máis de 50 anos, na que cada un pode facer o que queira, cortar o que queira e plantar o que queira", lamenta o catedrático da USC Javier Guitián, que, aínda con dúbidas, aposta por prorrogar a moratoria sobre as plantacións de eucalipto, pero "poñendo máis esforzo en controlalas, porque se non se vixían os montes ao completo, a xente seguirá facendo deles o que queira".
  comenta   0
O 16 e 17 de maio, os establecementos federados ofrecerán un 10% de desconto en obras escritas en lingua galega para conmemorar a festa das nosas letras
  comenta   0
Este brionés de 27 anos vai por toda a xeografía galega xunto a dous amigos recompilando o saber popular e as cantigas tradicionais que lembran as máis maiores. "Esta xente ensínanos a súa sabedoría de balde, sen buscar recoñecemento e sen gañar nada", pon en valor Miguel.
  comenta   0
Pretende funcionar como un punto de encontro entre os saberes populares e tradicionais cos académicos, "ademais de visibilizar o papel central das mulleres no patrimonio musical e literario de Galicia".
  comenta   0
"O Camiño únenos máis aló de diferenzas políticas", proclama o presidente da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago.
O certificado 5.000 entregouse o 11 de outubro do 2023 en Santiago a unha peregrina procedente de Singapura; e desde a súa creación no 2015, percorreron xa ambos os camiños persoas procedentes de máis de 70 países.
A pervivencia deste fenómeno débese a dúas razóns: grandes ganancias e penas moi baixas. O comercio ilegal de arte e patrimonio move millóns e implica redes transnacionais, coleccionistas de élite e unha escasa persecución xudicial. - 4 min. Núria Bigas Formatjé Oficina de Medios
"Os mesmos que critican esta intención son os que están a pedir que se declare BIC unha cheminea que é catro ou cinco veces máis alta", di en alusión a cheminea das Pontes.
  comenta   0
Gabriel García Rodríguez, fundador da canle de YouTube Minecraftéate recreou estas construcións tradicionais da nosa terra no videoxogo máis xogado do mundo co obxectivo de preservar a súa memoria e concienciar sobre o seu valor cultural. Cada obra levoulle arredor dunha semana de construción.
  comenta   0
O arqueólogo Luis Cordeiro Maañón explica que estas estruturas “son depósitos artificiais deseñados para recoller, almacenar e conservar a neve dos meses fríos para o seu uso posterior durante o verán”
  comenta   0
A Consellería de Emprego e o Clúster do Turismo abordan propostas conxuntas para cubrir vacantes e fomentar a formación especializada
  comenta   0
A falta de acordo entre as tres entidades implicadas ten o proceso parado desde 2022, coa propiedade do edificio repartida ao 50 % entre o Concello e a Deputación.
En total, a compañía retribuirá este ano aos seus accionistas con máis de 5.235 millóns de euros, tras elevar un 9 % o dividendo, ata 1,68 euros por acción.
  comenta   0
Celebraranse do 9 ao 11 de maio ofertándose 16 actividades que inclúen, entre outras cousas, excursións, visitas guiadas a adegas e lugares emblemáticos, catas e experiencias gastronómicas.
  comenta   0
Tamén formarán parte desta rede de establecementos aquelas edificacións que tivesen previamente uso residencial e que estivesen legalmente establecidas antes da lei de Costas.
  comenta   0
Durante séculos, a costa galega permaneceu sen sinalización nas súas noites máis perigosas, ata que, entre o século XIX e XX, os faros se estenderon como puntos de luz estratéxicos en lugares escarpados e solitarios.
  comenta   0
A comezos de mes, García mantivo pechadas as instalacións para o persoal de produción durante catro días, xornadas que os empregados pasaron ás portas da factoría
No informe ambiental recóllese que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu nun primeiro momento un estudo desfavorable por diversos impactos e foron necesarios ata catro informes correctores do promotor para conseguir a autorización na que "non é previsible" que "xere efectos significativos".
  comenta   0