Conta atrás para as xornadas 'Primavera de Portas abertas' da Ruta do Viño de Valdeorras

Celebraranse do 9 ao 11 de maio ofertándose 16 actividades que inclúen, entre outras cousas, excursións, visitas guiadas a adegas e lugares emblemáticos, catas e experiencias gastronómicas.

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 30/04/2025 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

A Ruta do Viño de Valdeorras ultima os preparativos para a nova edición da “Primavera de Puertas Abertas”, que se celebrará do 9 ao 11 de maio. Esta iniciativa, que forma parte do programa de promoción das Rutas do Viño de Galicia, ofrece unha completa axenda de actividades deseñadas para atraer visitantes e poñer en valor o enoturismo na comarca.

Visitando unha viña de Valdeorras. 'Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras' (arquivo).  Foto cedida.
Visitando unha viña de Valdeorras. 'Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras' (arquivo). Foto cedida.

Mantendo o compromiso de promocionar o territorio a través do desenvolvemento do enoturismo, a Ruta do Viño de Valdeorras preocuparase de salientar a calidade dos seus viños e a riqueza patrimonial, paisaxística e gastronómica do seu territorio. Durante esa fin de semana, Valdeorras ofrecerá un total de 16 actividades que inclúen a participación de 12 adegas e oito roteiros de buses do viño que chegarán desde cidades como Vigo, Santiago ou Ponferrada (xa están completas as reservas).

PROGRAMA  DE ACTIVIDADES

A organización oferta unha chea de posibilidades para gozar do 9 ao 11 de maio. Dende visitas guiadas a lugares emblemáticos como o Castelo Medieval do Bolo, o Santuario barroco de As Ermidas ou as antigas minas de wolframio; ata catas en covas tradicionais, paseos xunto ao río Sil e roteiros en segway por viñedos ou excursións ao Parque Natural Serra da Enciña da Lastra. A programación complétase con experiencias gastronómicas como un showcooking a cargo dun chef Marco Varela da Asociación Grupo Cociña Ourense e o director técnico da D.O. Jorge Mazaira, unha cata maridaxe de viños tostados e espumosos dirixida pola enólogoa/enóloga Cecilia Fernández, e unha cea cóctel nun balcón sobre o Sil.

O programa completo de actividades está publicado na web da Ruta do Viño de Valdeorras.

Visitantes das xornadas de 'Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras' degustando produtos locais (arquivo). Foto cedida.
Visitantes das xornadas de 'Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras' degustando produtos locais (arquivo). Foto cedida.

AGRADECEMENTOS

A organización agradece especialmente a implicación de adegas, que se poden visitar durante esta fin de semana de maneira gratuíta, establecementos hostaleiros, restaurantes e empresas locais, así como o respaldo continuado da Axencia de Turismo de Galicia, que colabora activamente nesta iniciativa desde fai catorce edicións. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta