Análise do Padroado de Protección á Muller durante o franquismo no Museo Casares Quiroga

O obxectivo do organismo é "a dignificación moral da muller, especialmente das novas, para impedir a súa explotación, apartalas do vicio e educalas en base aos ensinos da Relixión Católica".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/10/2025 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

Unha xornada no Museo Casares Quiroga analiza o Padroado de Protección á Muller na Coruña, "que durante o franquismo encerraba a mozas afastadas do ideal falanxista", expoñen os promotores.

Sobreviventes destes reformatorios, coordinadas por Belén López Cillero, investigadora que escribiu un libro sobre esta entidade na provincia coruñesa, relatarán o vindeiro martes, día 7, "os malos tratos e vexacións que sufriron"

O obxectivo do organismo era, lembra, "a dignificación moral da muller, especialmente das novas, para impedir a súa explotación, apartalas do vicio e educalas en base aos ensinos da Relixión Católica".

"Centros colaboradores na Coruña, onde existen rexistros do Padroado, foron o desaparecido de Adoratrices, no Observatorio, ou de María Inmaculada, en Porta Real, e na provincia, tamén exercían como lugares de referencia as Oblatas de Santiago ou de Ferrol".

O Padroado de Protección á Muller funcionou legalmente entre o ano 1941 e 1985 pero seguiu de forma tácita ata os anos 90. Nestes lugares, explica López Cillero, "insultábanas, maltrataba, humillaba e castigaba se o seu comportamento non era o esperado".

Folleto do Padroado de Protección á Muller
Folleto do Padroado de Protección á Muller | Fonte: Infancia Tutelada no Franquismo - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta