Este ano participaron 20 adegas con 50 referencias, 29 delas de viños brancos. O presidente da D.O. Valdeorras deulle importancia ao evento porque permite “visibilizar o traballo de adegueiros e viticultores, outorgándolles o protagonismo que merecen”.
  comenta   0
Os días 20 de xuño, 18 de xullo e 22 de agosto a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras organiza actuacións de ilusionismo, música e danza en diferentes covas de adegas asociadas á entidade para poñer en valor este 'patrimonio único en Galicia'.
  comenta   0
Este mércores 11 de xuño terá lugar nesta cidade danesa o 'I Salón dos Viños e Augardentes de Galicia en Dinamarca'. Trátase dun showroom que impulsa Acruaga (Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia) en colaboración coa Unión Española de Catadores (UEC) e o IGAPE.
  comenta   0
Calcúlase que o público asistente puido superar as 3.500 persoas, tendo contabilizado tamén o Consello Regulador que se serviron máis de 22.000 copas de viño na fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño. As catas e os obradoiros de cociña esgotaron as prazas e houbo moita presenza de xente nova no evento, segundo sinalou o presidente da D.O. Marcos Prada.
  comenta   0
Está organizada pola Denominación de Orixe en colaboración coa Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e confórmana 15 establecementos dos dous concellos. Os propostas gastronómicas teñen que estar elaboradas con viños do territorio.
  comenta   0
Será os días 31 de maio e 1 de xuño e contará con 18 adegas expositoras. Un completo programa de actividades para todos os públicos, a presenza da pregoeira Teresa Portela e do chef José Manuel Mallón son outros atractivos desta convocatoria vitivinícola.
  comenta   0
Portela é unha das deportistas españolas máis laureadas de todos os tempos. Ademais da medalla de prata olímpica, a piragüista de Cangas foi 2 veces campioa do mundo e 7 veces campioa de Europa.
  comenta   0
Acode ao evento que se celebrará en Ciudad Real baixo o amparo da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e levará un Túnel do Viño.
  comenta   0
A proposta gañadora, de Raúl López Martín, natural de Estella-Lizarra (Navarra), leva como título "Explosión de viño". O autor recibirá un premio de 1.000 euros.
  comenta   0
Celebraranse do 9 ao 11 de maio ofertándose 16 actividades que inclúen, entre outras cousas, excursións, visitas guiadas a adegas e lugares emblemáticos, catas e experiencias gastronómicas.
  comenta   0
A convocatoria está aberta a todos os interesados en participar, veñan ou non do mundo artístico, e pídese que a obra "inédita" poña en valor o “saber facer único” do sector vitivinícola da comarca. O premio para o gañador ou gañadora será de 1.000 euros.
  comenta   0
Convértese así na única Denominación de Orixe española que forma parte deste selecto club. A noticia deuse a coñecer nunha táboa redonda organizada o pasado 25 de marzo no Liceo de Ourense.
  comenta   0
Un total de 28 viños, de 12 adegas diferentes, foron destacados na cata de Beth Willard para a devandita publicación de prestixio internacional.
  comenta   0
Dende o domingo 16, e ata o 18 de marzo, o Consello Regulador promove os caldos deste territorio no marco deste prestixioso foro internacional que se celebra en Düsseldorf (Alemania).
  comenta   0
A decisión tomouse no último pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, celebrado o pasado xoves 6 de marzo.
  comenta   0
Trátase da actividade "Petín, un paseo pola Historia", unha experiencia cultural que trasladará ao público á época da Guerra da Independencia en Valdeorras o vindeiro 15 de marzo.
  comenta   0
A publicación, promovida polo recoñecido sumiller Luis Paadín, edita este ano 27.500 exemplares de 560 páxinas cada un. A D.O. Valdeorras presume de ter 27 referencias co marchamo Gran Ouro.
  comenta   0
O presidente do Consello Regulador, e recén nomeado presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Marcos Prada Ginzo, vén de manter un encontro co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. A xuntanza serviu para presentarlle proxectos e facer unha valoración dos recursos económicos que destina a Xunta ao territorio.
  comenta   0
O director técnico do Consello Regulador explicou que “a maior parte do público que visitou o noso stand, xa coñecía os nosos produtos” e deulle gran valor ao interese do "público profesional do sector da restauración".
  comenta   0
O evento terá lugar na cidade condal do 3 ao 5 de febreiro na Fira de Barcelona de Monjuïc. Sera a 5ª edición deste evento que reúne a máis de 1.200 adegas do estado.
  comenta   0
O evento, organizado por ACRUAGA, tivo lugar os días 20 e 21 de xaneiro no Pazo de Quián, Sergude, no Concello de Boqueixón.
  comenta   0
O equipo de cata da Guía Peñín conclúe que “a mellor versión da godello en España está en Valdeorras”. A noticia chegou días antes da celebración da XXV Feira do Viño de Valdeorras, evento que terá lugar os días 1 e 2 de xuño na Praza de Viloira do Barco.
  comenta   0
O presidente da asociación Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, amosou a súa total satisfacción pois superáronse as previsións de asistencia malia as condicións meteorolóxicas adversas da fin de semana. As actividades enoturísticas desenvolvéronse do 3 ao 5 de maio.
  comenta   0
O coñecido debuxante galego xa tivera un contacto anterior coa D.O. Valdeorras ao publicar no 2018 un caderno no que ilustra, con acuarelas e notas escritas, as súas vivenzas nunha vendima. A Feira do Viño será os días 1 e 2 de xuño.
  comenta   0
O xornalista pontevedrés leva moitos anos vinculado á TVE e é un dos rostros máis coñecidos dos espazos informativos da televisión pública.
  comenta   0
Este prestixioso foro de alimentación e bebidas de calidade desenvolverase en Madrid entre o 22 e o 25 de abril.
  comenta   0
Este ano celebrarase a fin de semana do 3 ao 5 de maio e a organización está rematando a programación de actividades que fagan da visita a Valdeorras unha "experiencia enoturística inesquecible".
  comenta   0
A cidade de Lugo acollerá o día 16 de abril unha parada promocional dos viños da D.O. Valdeorras. Daranse a coñecer nesta institución para todo tipo de público, pero principalmente para o sector profesional.
  comenta   0
A cidade alemá de Düsseldorf é a nova parada promocional dos viños de Valdeorras, que do 10 ao 12 de marzo poden degustarse nunha das máis prestixiosas feiras europeas do sector.
  comenta   0
O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras vén de acordar a nova data de celebración da XXV Feira do Viño, o que supón adiantala unha semana en relación ao anunciado tempo atrás.
  comenta   0
Aqueles que visiten este prestixioso salón entre o 5 e o 7 de febreiro poderán atopar ata 26 referencias distintas no stand da Denominación de Orixe.
  comenta   0
Referencias vinícolas da comarca, maridadas con pratos elaborados a partir de produtos gastrónomicos autóctonos de Valdeorras como o botelo ou a cachucha, centraron a presentación impulsada dende a Ruta do Viño de Valdeorras no recinto feiral do IFEMA a cargo do chef José Manuel Mallón.
  comenta   0