Os viños de Valdeorras ben posicionados no informe “Galicia 2025, Top 100" de Tim Atkin

Un total de 28 viños, de 12 adegas diferentes, foron destacados na cata de Beth Willard para a devandita publicación de prestixio internacional.

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 20/03/2025 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Cinco referencias amparadas polo Consello Regulador da D.O. Valdeorras alcanzaron o Pódium, sendo premiadas nas categorías de Mellor Viño Branco do Ano, para un dos tres únicos viños calificados coa máxima nota --98 puntos--; na categoría de Mellor Viño Tinto do Ano, para dous dos únicos tres elexidos; e nas categorías de Mellor Viño Doce do Ano e Mellor Viño Tinto Calidade-Prezo do Ano, cunha referencia en cada unha delas.

Viños da D.O. Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras.
Viños da D.O. Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras.

Ademais de polos viños situados en Pódium polos expertos, Valdeorras tamén está de noraboa porque 3 viños brancos foron calificados con puntuacións que os sitúan entre os 5 mellores --con 97 puntos-- e outras 7 referencias entre os 13 mellores --con 96 puntos ou máis--. En cifras totais, 19 viños de 12 adegas da D.O. Valdeorras atópanse entre o total de 59 brancos que destacaron Willard e Atkins.

En canto aos viños tintos, dous dos tres mellores, son de Valdeorras. Un total de nove referencias de catro adegas amparadas, atópanse entre os 40 viños destacados.

BETH WILLARD E TIM ATKIN

Beth Willard degustou case 500 referencias de viño, de 64 adegas distintas, ao longo das dúas semanas que pasou, no mes de novembro do 2024, na “España Verde”, como ela mesma califica a Galicia no seu informe. Considera ademais, que o número de referencias escollidas son “unha boa representación dos viños galegos, entre os que destaca ter descuberto 'algúns impresionantes' entre os seleccionados".

As conclusións do seu traballo na D.O. Valdeorras, así como noutras denominacións galegas, recolleuse na publicación do Master of Wine Tim Atkin, galardoado fotógrafo e xornalista especializado en viños, que escribe para as prestixiosas revistas Harpers e Decanter, e é copresidente do International Wine Challenge, a competición de cata a cegas co xurado máis rigoroso do mundo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta