Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 04/07/2025 | Actualizada ás 09:00
O Complexo Hosteleiro Paladium, situado en Vilamartín de Valdeorras, foi o lugar escollido días atrás para a celebración do acto de entrega de premios da XXVI Cata dos Viños de Valdeorras, na que participaron un total de 20 adegas con 50 referencias. 29 foron viños de variedades brancas, sendo 19 da añada de 2024. As restantes 21, foron referencias de variedades tintas, 10 delas viños da añada de 2024.
Na súa intervención, o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Marcos Prada Ginzo, destacou que “para o Consello Regulador, todas as referencias son gañadoras, polo traballo realizado, e pola pelexa continua por sacar adiante cada colleita”, un resultado que, opina, é “froito do labor continuado dun sector cuxa máxima é sempre a búsqueda da calidade nas súas marcas”.
Tamén puxo o acento Prada Ginzo, na importancia da celebración de eventos como a Gala de Entrega de Premios da XXVI Cata dos Viños de Valdeorras, que permiten, explicou, “visibilizar o traballo de adegueiros e viticultores, outorgándolles o protagonismo que merecen”. Ademais, subliñou, “contribúen a seguir apoiando ao sector vitivinícola, un dos motores máis importantes da nosa comarca e da provincia”.
PREMIOS
Viños brancos:
-1º Premio- O Luar do Sil Godello 2024, Pago de los Capellanes, S.A.
-2º Premio- Joaquín Rebolledo Godello 2024, Joaquín Rebolledo, S.A.
-3º Premio- O Luar do Sil Godello sobre lías 2024, Pago de los Capellanes, S.A.
Viños tintos:
-1º Premio- Casal Novo Mencía 2024, Adega O Casal, S.L.
-2º Premio- Mil Ríos Mencía 2024, Terriña, S.L.
-3º Premio- Joaquín Rebolledo Mencía 2024, Joaquín Rebolledo, S.A.
Nesta ocasión, o Consello Regulador decidiu conceder un total de tres mencións especiais a viños de outras añadas:
Mención especial viños de outras añadas brancos:
Alento Godello 2023 – Bodega Roandi, S.L.
Mención especial viños de outras añadas tintos:
-Quinta da Peza Oro 2023 – Adega Quinta da Peza, S.L
-D´Berna “Ele” Garnacha Tintorera 2018 – Guitián y Blanco, S.C.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.