A D.O. Valdeorras estará en Copenhague da man de Acruaga

Este mércores 11 de xuño terá lugar nesta cidade danesa o 'I Salón dos Viños e Augardentes de Galicia en Dinamarca'. Trátase dun showroom que impulsa Acruaga (Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia) en colaboración coa Unión Española de Catadores (UEC) e o IGAPE.

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 11/06/2025 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Ata Copenhague viaxan un total de 25 referencias de viño da Denominación de Orixe Valdeorras, xunto con outras 100 de adegas das demais denominacións de orixe da comunidade autónoma (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Ribeiro), así como 25 referencias de empresas comercializadoras de destilados amparadas polas Indicacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Xuntas, formarán un total de 150 referencias, as que se poderán degustar nunha xornada que se desenvolverá de 11:00 a 15:00 horas (horario local).

Xornada de formación do Acruaga en Laias Caldaria Hotel Balneario, Ourense (2025). Foto: Acruaga.
Xornada de formación do Acruaga en Laias Caldaria Hotel Balneario, Ourense (2025). Foto: Acruaga.

O obxectivo desta acción promocional é “achegarnos ao mercado danés e atraer así ao maior número de profesionais posible”, tal e como sinala Antonio Lombardía, presidente do Consello Regulador Ribeira Sacra e máximo responsable de ACRUAGA.

“Tras o éxito das anteriores edicións deste salón, celebradas en cidades como Ámsterdam, ou en Londres o pasado mes de novembro, consideramos interesante darlle continuidade a esta idea, en colaboración coa UEC, nesta ocasión en Copenhague, buscando unha vez máis, a internacionalización dos nosos viños e destilados e favorecer, así, o dinamismo económico e as exportacións do sector”, detalla Lombardía quen, ademais, agradece ao IGAPE “a súa implicación para que esta iniciativa se teña convertido nunha realidade”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta