Por Galicia Confidencial | Vilamartín de Valdeorras | 26/07/2025 | Actualizada ás 12:00
Joaquín Hidalgo, enólogo e recoñecido xornalista en medios de comunicación como a revista internacional Vinous.com. explicou na súa visita recente á D.O. Valdeorras que “cando un cata viños, o que máis lle chama a atención é a diferenza, e cando non está condicionada polo tipo de chan, pola añada ou pola forma de facer do productor, entón o viño ten maxia. Hoxe probei viños que teñen esa condición”.
Ademais, sobre os viños brancos, todos elaborados coa variedade de uva godello, apuntou que “nesta rexión ten un plus” afirmando que puido probar uns “viños con moita personalidade”.
Tras un percorrido por diferentes denominacións do norte de España, nas que catou máis de 400 viños, Hidalgo visitou Valdeorras por primeira vez e realizou unha cata de 68 viños, 36 brancos e 30 tintos. Viños que lle chamaron moito a atención ata o punto de afirmar que “para o ano que vén, dedicareille dous ou tres días máis para coñecer a viña e como funcionan os viñedos de aquí”.
Desde o Consello Regulador queren salientar o valor desta visita como impulso para afianzar a proxección internacional dos viños da denominación.
Vinous.com
Con formación en Enoloxía e Xornalismo, Joaquín Hidalgo é unha figura clave da comunicación no mundo do viño no ámbito hispano desde hai máis de 20 anos, con presenza en diversos xornais e outras publicacións especializadas, como a recoñecida revista internacional Vinous.com. Hai case dous anos sucedía ao crítico Josh Raynolds como catador dos viños españois para a mencionada publicación.
Vinous.com é unha publicación independiente sobre viños afincada en Estados Unidos. A revista conta cun gran equipo de críticos e escritores de renome, recoñecidos a nivel internacional. Estos expertos publican anualmente preto de 30.000 reseñas de viños e ofrecen unha cobertura profunda de novos lanzamentos, catas verticais, visitas a produtores, mapas interactivos, recomendacións, entre outras cousas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.