Despois de coñecer o número de hectáreas arrasadas polo lume este ano, e de ver ós presidentes das comunidades afectadas culpando ó goberno central do asunto, lembro a pouca memoria que temos; pois os incendios no monte veñen de moi vello. Non é un asunto de hoxe.
  comenta   0
A D.O. Valdeorras comeza a vendima, marcada polo 80º aniversario do Consello Regulador e pola valoración do equipo técnico sobre o terreo dos posibles efectos do paso dos lumes que asolaron a comarca. “É importante sinalar que as viñas foron as heroínas que actuaron como cortalumes naturais en moitas partes, salvando moitas das casas dos pobos nas que están prantadas”, di un dos técnicos.
  comenta   0
Na súa primeira visita á D.O. Valdeorras aproveitou para realizar unha cata de 68 viños, 36 brancos e 30 tintos. Hidalgo é crítico de viños e editor para Chile, Arxentina e España, no medio estadounidense Vinous.com
  comenta   0
O mesmo oomiceto que arrasou cultivos no século XIX, dando lugar á coñecida como 'fame negra' en Irlanda, continúa sendo unha das principais preocupacións no agro galego, impulsado agora polo cambio no patrón das choivas, as temperaturas mínimas máis altas e a aparición de resistencias ás materias activas dos funxicidas.
  comenta   0
Calcúlase que o público asistente puido superar as 3.500 persoas, tendo contabilizado tamén o Consello Regulador que se serviron máis de 22.000 copas de viño na fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño. As catas e os obradoiros de cociña esgotaron as prazas e houbo moita presenza de xente nova no evento, segundo sinalou o presidente da D.O. Marcos Prada.
  comenta   0
Será os días 31 de maio e 1 de xuño e contará con 18 adegas expositoras. Un completo programa de actividades para todos os públicos, a presenza da pregoeira Teresa Portela e do chef José Manuel Mallón son outros atractivos desta convocatoria vitivinícola.
  comenta   0
Acode ao evento que se celebrará en Ciudad Real baixo o amparo da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) e levará un Túnel do Viño.
  comenta   0
Celebraranse do 9 ao 11 de maio ofertándose 16 actividades que inclúen, entre outras cousas, excursións, visitas guiadas a adegas e lugares emblemáticos, catas e experiencias gastronómicas.
  comenta   0
O evento en cuestión foi o Foro Rural Sustentable, un encontro que chegaba á súa 3ª edición e que reuniu, entre o 25 e o 26 de abril, a máis de cen asistentes vinculados ao rural. Nas tres xornadas poidéronse escoitar as achegas de expertos, empresas e axentes con novas perspectivas para a procura dun rural máis próspero e sostible.
A cita co saboroso queixo será esta fin de semana, 5 e 6 de abril. Haberá 32 queixerías, moitas delas chegadas doutros puntos de Galicia e do estado, contando tamén con presenza portuguesa. O pregoeiro será o actor e humorista Carlos Blanco.
Asentada en varios principios estruturais como son o desenvolvemento local, a sustentabilidade, o uso do galego e a responsabilidade social e laboral, Daveiga S.L.L. está consolidada no mercado galego e nacional tras 20 anos de traballo duro dende Chantada. Coñecemos a evolución e a situación actual dos creadores das senlleiras ‘Galletas Mariñeiras’.
  comenta   1
Convértese así na única Denominación de Orixe española que forma parte deste selecto club. A noticia deuse a coñecer nunha táboa redonda organizada o pasado 25 de marzo no Liceo de Ourense.
  comenta   0
Nesta edición (29 e 30 de marzo) terá lugar o “II Congreso do Aceite de Oliva de Quiroga” e a celebración contará cunha dobre localización levando os postos dos olivicultores ao núcleo urbano da vila. Ademais, nace a figura do “Embaixador do Aceite de Quiroga” que será o Chef Kike Piñeiro, do restaurante A Horta do Obradoiro en Santiago Compostela.
Juan Vidal, un dos creadores de Guía Furanchín, a guía por excelencia para coñecer os furanchos galegos, amósase moi preocupado por unha realidade que, de seguir así, suporá a extinción total dos furanchos. Trabas burocráticas, unha normativa aberta a interpretacións, presións da hostalaría, falta de relevo xeracional... Os problemas aos que se enfrontan estes locais son moi numerosos.
  comenta   0
Da man de María del Pilar Freire Esparís, profesora xubilada de Historia Económica da USC, tratamos de recuperar o protagonismo que as mulleres tiveron no pasado, desmantelar estereotipos e poñer en valor o rol esencial que desempeñaron. "As mulleres traballaron no campo e mesmo o fixeron máis que os homes, porque elas participaron moi activamente no que é o traballo estritamente agrario, pero tamén eran as encargadas das tarefas da casa e do coidado dos membros máis vulnerables da familia", reivindica.
  comenta   0
Empezaron con ovellas e cabras para agora incorporar gando vacún, concretamente 20 bois, no que será o terceiro proxecto da Fundación Ramón González Ferreiro, quen puxo en marcha a granxa.
  comenta   0
Na reunión, cordial e construtiva, analizáronse diversas cuestións relacionadas coa produción da pataca certificada e estudáronse novas oportunidades dentro do mercado.
  comenta   0
Trátase dun Xeado de Queixo de Arzúa-Ulloa DOP con marmelo que nace da colaboración entre o Concello de Arzúa e a empresa Bico de Xeado.
  comenta   0
O número de explotacións agrícolas en España reduciuse un 12,4 % entre 2020 e 2023, ata situarse en 784.141, respecto das 895.055 explotacións que había en 2020. En Galicia o descenso foi do 1,6 %, segundo reflicten os datos da enquisa sobre a estrutura das explotacións agrícolas de 2023 do INE.
  comenta   1
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático aposta por un "protocolo con medidas de reforzo", cuxo "principal beneficio, fronte á emerxencia cinexética, é que poderán solicitarse batidas preventivas e non só cando se produciron danos".
  comenta   0
Ante unha alianza de intercambio de 'vacas por coches', o profesor da USC Edelmiro López chama a administracións a implementar estratexias "compensatorias" para o agro.
  comenta   0
A campaña de Nadal da cooperativa ourensá desenvólvese baixo o slogan “O Nadal con máis estrelas”, en referencia a unha gama de produtos típicos destas datas integrada por máis de 20 propostas e recomendada polo prestixioso chef vasco Martín Berasategui.
  comenta   0
O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas solicitou unha reunión coa Consellería do Medio Rural para demandar un "plan de apoio" ás persoas produtoras de fabas, que inclúa tamén axudas específicas e un proxecto de investigación para "combater" as enfermidades que afectan a este cultivo.
  comenta   0
A exportación de electricidade e gas representa o 11 % do total de destinos destes produtos enerxéticos en Galicia, segundo datos do IGE.
  comenta   0
Fai 20 anos Galicia contaba con 67.628 granxas; fai 10, estas caeran xa ata as 40.653 (-26.975, un 39,89 % menos); e, o pasado 2023, xa só quedaban en pé 26.256 (con respecto ao 2003: -41.372, un 61,18 % menos; e con respecto ao 2013: -14.397, un 35,41 % menos). O GC analiza os datos de explotacións gandeiras e vacas de muxidura aportados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) entre o 2003 e o 2023.
  comenta   1
Agroseguro rexistra 4.600 parcelas prexudicadas, mentres o sector calcula que preto do 80% do millo forraxeiro está sen asegurar.
  comenta   0
No país veciño (Portugal), vimos arder hectáreas e hectáreas de terreo e morrer máis de 60 persoas quedando centos de feridos, no ano 2017. Agora de novo, máis terra queimada, sete mortos e un gravísimo ataque ao medio ambiente.
  comenta   2
Desde hoxe e ata o 21 de outubro, as empresas do sector agroalimentario poderán solicitar as novas axudas directas, que se adxudicarán por concorrencia simple.
  comenta   0
Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE), o valor engadido bruto da rama agraria e pesqueira situouse nos 3.406 millóns de euros o pasado ano 2023, é dicir, o 4,5 % do PIB de Galicia nese ano (un crecemento do 7,6 % con respecto ao ano anterior). As pragas murchan a vide, as choivas asolagan os trigais e o quencemento das augas fai fuxir aos peixes.
  comenta   0
O envellecemento poboacional no sector agario foi unha das cuestións analizadas no VIII Reunión Casal de Armán, que tivo lugar na sede do Consello Económico e Social, en Santiago
  comenta   0
Galicia foi a terceira comunidade autónoma con maior volume de subvencións recibidas no marco do Perte Agro, cun total de 16 empresas beneficiarias e unha partida acumulada de máis de 14 millóns de euros.
  comenta   0
A proposta do BNG presentada na Comisión de Agricultura foi aprobada por unanimidade con algunhas modificacións. O documento final trasladarase ao goberno do Estado para solicitar un protocolo de vixilancia e a inclusión da Lyme como enfermidade profesional do sector agrogandeiro e forestal.
  comenta   0
"O sabor que compartimos" é o lema desta acción promocional de Coren que terá como protagonistas aos xogadores máis emblemáticos do Celta e do Deportivo.
  comenta   0
Son datos das primeiras estimacións da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca). Segundo datos de 2020 proporcionados por SAVES, o 47 % das persoas socias das cooperativas son mulleres.
  comenta   0
O equipo de cata da Guía Peñín conclúe que “a mellor versión da godello en España está en Valdeorras”. A noticia chegou días antes da celebración da XXV Feira do Viño de Valdeorras, evento que terá lugar os días 1 e 2 de xuño na Praza de Viloira do Barco.
  comenta   0